Ibn al-Abbar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1199 Valencia, al-Ándalus |
Morte | 6 de xaneiro de 1260 Tunes |
Causa da morte | Execução pública (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Háfsida (pt) (1240–1260) Bugia (pt) (1238–1240) Coroa de Aragón (1238–1238) Taifa of Valencia (third period) (en) (1199–1238) |
Actividade | |
Ocupación | diplomático , poeta , historiador , biógrafo |
Período de tempo | Al-Andalus |
Xénero artístico | Poesía, qasida |
Profesores | Ibn Askar of Málaga (en) |
Lingua | Lingua castelá e árabe |
Obra | |
Obras destacables
|
Abū Abd Allāh Muhammad ibn Al-Abbār ou Abdallah ben Abderrahmán Ebn Alabar Alcodai, nado en Valencia, al-Ándalus en 1199 e finado en Tunes o 6 de xaneiro de 1260, foi un poeta, historiador, diplomático, político e erudito valenciano de al-Ándalus, da época árabe.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era orixinario dunha influente familia xemenita de Onda, cidade da Taifa de Valencia. Durante a súa vida en Valencia foi un destacado poeta e brillou profesionalmente na secretaría dos gobernadores de Valencia, até que, sitiada a cidade por Xaime I, foi enviado a Tunes a pedirlle axuda ao emir dos Háfsidas de Tunisia, Abu Zakariya, ante quen recitou unha qasida famosa:
Aberto está o camiño. Aos teus guerreiros guía,
oh, dos oprimidos constante valedor!
Auxilio che demanda a bela Andalucía;
a liberdade espera do teu heroico valor...Abū Abd Allāh Muhammad ibn Al-Abbār (tradución dunha tradución castelá de Juan Valera)
Tras a conquista de Valencia por Xaime I, Ibn al-Abbar instalouse en Tunes, e seguiu traballando de forma destacada como secretario de goberno, pero o emir al-Mustansir ordenou executalo en 1260, queimando máis tarde o seu cadáver xunto a todos os seus escritos.
Obra[editar | editar a fonte]
Está considerado como un dos escritores máis egrexios do século VI da héxira.
As súas obras literarias máis importantes, al Hulla al Siyara (A túnica recamada) e a Takmila, son unha colección de biografías dos príncipes e magnates norteafricanos e andaluces, unhas magníficas crónicas que documentan a historia medieval do islam occidental. Distinguiuse tamén como poeta, especialmente polas súas qasidas ou poesías dedicadas á perda de Balansiyya (Valencia) ou a que describe as tráxicas circunstancias polas que está pasando Al-Ándalus no século XIII.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Casiri, Bibliotheca Arábico- hispana (Madrid, 1760)
- Derembourg, Manuscrits árabes de l Escurial (París, 1884)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]