Saltar ao contido

Lista de soberanos de Sicilia e Nápoles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lista de soberanos de Sicilia e Nápoles

[editar | editar a fonte]

Condado de Sicilia (1072-1130)

[editar | editar a fonte]

No sínodo de Melfi de agosto de 1059, o papa Nicolao II investiu a Robert Guiscard (ou Roberto Guiscardo ou Roberto de Hauteville) como duque de Puglia, Calabria e Sicilia,[1] exhortándoo a que completara a conquista dos territorios bizantinos. Robert e o seu irmán Roxerio formaban parte dun grupo de mercenarios normandos que foran pagados polos bizantinos, que desexaban expulsar aos árabes da Península Itálica.

Contra o ano 1071, Roxerio conquistou a totalidade da illa de Sicilia. En 1072, tras a conquista de Palermo, Robert invistiu ao seu irmán Roxerio como conde de Sicilia, coñecido como o Gran Conde. Con Roxerio I iniciouse a dinastía Hauteville en Sicilia.

Soberano Retrato Dinastía
Roxerio I
1072-1101
Casa de Hauteville
Simón
1101-1105
Casa de Hauteville
Roxerio II
1105-1130
Casa de Hauteville

Reino de Sicilia (1130-1285)

[editar | editar a fonte]

En 1130, o antipapa Anacleto II investiu a Roxerio II, o fillo e sucesor do Gran Conde Roxerio, como rei de Sicilia, que se fai seu feudatario, o que provocaría un problema político cando a dinastía Hohenstaufen toma o poder no reino de Sicilia. A investidura sería recoñecida en 1139 polo papa Inocencio II.

Os descendentes de Roxerio II, Guillerme I, Guillerme II, Tancredo (fillo ilexítimo de Roxerio II) e Guillerme III (fillo de Tancredo) reinaron en Sicilia desde a morte de Roxerio II, en 1154, até 1189. Guillerme III non tivo descendencia, polo que nomeou herdeira lexítima á súa tía, Constanza I de Sicilia (irmá de Roxerio II). Esta casou co emperador Henrique VI, o que permitiu a chegada ao poder da dinastía Hohenstaufen.

Henrique proclámase rei de Sicilia (como Henrique I) o 25 de decembro de 1194, en Palermo, xunto coa súa esposa Constanza I de Sicilia. O seu reinado sería moi curto, xa que morreu en 1197.

Soberano Retrato Dinastía
Roxerio II
1130-1154
Casa de Hauteville
  Guillerme I
1151-1154
(Correi)
Casa de Hauteville
Guillerme I
1151-1166
Guillerme II
1166-1189
Casa de Hauteville
Tancredo
1189-1194
Casa de Hauteville
  Roxerio III
1191-1193[2]
(Correi)
Casa de Hauteville
Guillerme III
1193-1194[2]
(Correi)
Casa de Hauteville
Guillerme III
1194
  Henrique I
(Emperador Henrique VI)
1194-1197
Dinastía Hohenstaufen
  Constanza I
1195-1198[3][4]
Casa de Hauteville
   
  Frederico I
1198
(correi)
Dinastía Hohenstaufen
Frederico I
1198-1212
Henrique II
1212-1217
Dinastía Hohenstaufen
Frederico I
(Emperador Frederico II)
1217-1250
Dinastía Hohenstaufen
Conrado I
1250-1254
Dinastía Hohenstaufen
Conrado II
(Conradino)
Rei nominal
1254-1258
Dinastía Hohenstaufen
  Edmundo de Lancaster
1253-1263[5]
Rei rival titular
Plantagenet
Manfredo
1258-1266
Dinastía Hohenstaufen
Carlos I
1266-1285
(Rei rival titular en 1265)
Dinastía Anxevina
  Pedro I
1282-1285
(Rei rival na illa de Sicilia)
(Coa súa esposa Constanza II de Sicilia)
Casa de Aragón / Dinastía Hohenstaufen

División do Reino (1285-1516)

[editar | editar a fonte]

Ao subir ao trono Manfredo de Sicilia o papa Clemente IV excomungouno por ser fillo ilexítimo do seu pai Frederico II, devolvendo o Reino de Sicilia ao papado. En 1262, Constanza II de Sicilia, filla do anterior rei, casa con Pedro o Grande, rei de Aragón e conde de Barcelona. Esta situación de acoso entre a dinastía Hohenstaufen e a casa de Aragón, sendo Constanza a herdeira de Manfredo, provoca a antipatía do francés Clemente IV, que busca axuda en Carlos I de Anjou, irmán máis novo do seu aliado Lois IX de Francia. Así, as tropas de Carlos de Anjou entran na illa e loitan con Manfredo I Hohenstaufen na batalla de Benevento, e Carlos é coroado rei de Sicilia en Roma en 1266, inaugurando a dinastía Anxevina.

Baixo Carlos de Anjou, e posteriormente do seu fillo Carlos II, o norte do terrotorio favorécese en detrimento do sur, e así a capital trasládase de Palermo a Nápoles. Esta situación de dominación anxevina conclúe coas Vésperas sicilianas,[6] que conducen á división do Reino de Sicilia.

Co matrimonio da herdeira legal de Manfredo I, Constanza II de Sicilia, con Pedro III o Grande, o Reino de Sicilia convértese nun dos principais intereses do rei aragonés, debido a que alegaba os dereitos da súa esposa ao trono do reino insular. Cando Pedro III se dispoñía a facer valer o poder da súa frota no Mediterráneo, os sicilianos rebeláronse contra os Anjou (entre outras causas debido ás cargas impositivas que soportaban). A nobreza de Sicilia desexaba un certo grao de autonomía política e conseguiu expulsar á dinastía anxevina. Non se fixo esperar o contraataque de Carlos de Anjou pero, para poder facer fronte aos anxevinos, os sicilianos invitaron a Pedro o Grande a que reivindicara os dereitos da súa esposa e, segregándose de Nápoles, entregáronlle a Pedro III o reino.

Tras o falecemento de Carlos I en xaneiro de 1285 e de Pedro III de Aragón en novembro dese mesmo ano, o reino de Sicilia dividiuse en dúas partes de forma permanente (Regnum Siciliae ultra farum, Sicilia, e Regnum Siciliae citra farum, Nápoles). Pero como ambos os reis e os seus sucesores intitulábanse como rei de Sicilia, para distinguilos emprégase rei de Nápoles para o da parte continental, e rei de Sicilia para o da parte insular, tamén coñecido como rei de Trinacria.[7][8][9]

Os conflitos entre os Reinos de Sicilia e Nápoles foron constantes até que foi elixido papa Benedito XII en 1334, que tiña relacións de amizade con Frederico II de Sicilia, e lle prometeu respecto na Santa Sé en Trinacria. En ningún momento os nobrfes sicilianos aceptaron a vinculación co resto dos dominios da coroa de Aragón, fóra da unión persoal co soberano. Para corresponder a estas exixencias, creouse a figura do vigairo (vicerrei), un alter-ego do propio rei que permitía desdobrar a súa personalidade, sendo o primeiro deles o infante Xoán II de Aragón, duque de Peñafiel, nomeado en 1415. Pero esta medida non acabou de convencer ao parlamento, que resolveu en 1416 aclamar a Xoán II de Aragón como rei, pero este rexeitou o posto. Para evitar un conflito maior, Afonso V chantou a súa corte en Sicilia, convocou novamente o parlamento e recibiu o xuramento dos sicilianos: quedaba así establecida a desexada unión persoal de Sicilia ao rei, non á coroa de Aragón. De feito, Sicilia nunca se sentiu integrada na coroa de Aragón, sendo bastantes as revoltas que se orixinaron pola nunca aceptada presenza de nobres da coroa aragonesa na illa.

Os dous reinos estiveron separados até 1442, cando o rei de Aragón Afonso V o Magnánimo conquistou o Reino de Nápoles e unificou ambos os Reinos. O Reino de Sicilia desvinculouse da casa de Anjou e constitiuse en dominio dos reis de Aragón, non da corte nin do Reino de Aragón, senón do propio rei e a título individual.

Reino de Sicilia
(Regnum Siciliae ultra farum)

Soberano Retrato Dinastía
Xaime
1285-1296



Casa de Aragón
Frederico II
(intitulado como
Frederico III)

1296.[10]-1337



Casa de Aragón
Pedro II
1337-1342



Casa de Aragón
Lois
1342-1355




Casa de Aragón
Frederico III
1355-1377






Casa de Aragón
María
1377-1402



















Casa de Aragón
  Martiño I
1391-1401
(correi)



Casa de Aragón
Martiño I
1402-1409
Martiño II
1409-1410



Casa de Aragón
Fernando I
1412-1416



Casa de Trastámara
Afonso I
1416-1458



















Casa de Trastámara
Xoán I
1458-1468



Casa de Trastámara
Fernando II
1468-1516














































Casa de Trastámara

Reino de Nápoles
(Regnum Siciliae citra farum)

Soberano Retrato Dinastía
Carlos II
1285-1309



Dinastía Anxevina
Roberto I 1309-1343



Dinastía Anxevina
Xoana I
1344-1381
















Dinastía Anxevina
  Lois de Taranto
1352-1362[11]
(Correi)


Dinastía Anxevina
Carlos III
1381-1386



Dinastía Anxevina
  Lois I de Anjou
1382-1384
(Rei rival titular)



Dinastía Valois-Anjou
Ladislau
1386-1414











Dinastía Anxevina
  Lois II de Anjou
1384-1389; 1399-1417
(Rei rival titular)

1389-1399
Rei rival[12]






Dinastía Valois-Anjou
Xoana II
1414-1435


Dinastía Anxevina
  Lois III de Nápoles
1417-1424
(Rei rival titular)
[13]


Dinastía Valois-Anjou
Renato
1435-1442


Dinastía Valois-Anjou
Afonso I
1442-1458




Casa de Trastámara
Fernando I
1458-1494















Casa de Trastámara
Afonso II
1494-1495



Casa de Trastámara
Fernando II
1495-1496



Casa de Trastámara
  Carlos VIII de Francia
Rei rival
1495[14]-1496[15]



Casa de Valois
Frederico I
1496-1501



Trastámara
Lois XII de Francia
Titulado rei de Nápoles
1501-1504[16]



Dinastía Valois-Orleáns
Fernando III
1504-1516



Casa de Trastámara

Monarquía hispánica (1516-1713)

[editar | editar a fonte]

A situación de independencia dos nobres sicilianos, incómoda para os reis aragoneses, sufriu varios intentos de variación ao longo do tempo. Fernando o Católico quixo minguar bastante a autonomía dos vicerreis, consciente do risco que implicaba o inmenso poder que estes adquirían no desempeño das súas funcións.

Os reis de España incorporaron os Reinos siciliano e napolitano aos territorios da súa Monarquía hispánica, e como ambos os Reinos mantiveron o seu sistema administrativo e de goberno separados o un do outro, os reis levaban na súa intitulación o nome de Rey das dúas Sicilias (Rex utriusque Siciliae).

Reinado en Sicilia Soberano e Retrato Dinastía Reinado en Nápoles
Carlos II (1516-1556) e
Xoana I (1516-1555)

Carlos I de España (Emperador Carlos V)
Habsburgo Carlos IV e Xoana III
(1516-1554)[17]

Xoana I de Castela
Raíña nominal
Trastámara
Filipe I
(1556-1598)[17]

Filipe II de España
Habsburgo Filipe I
(1554-1598)
Filipe II
(1598-1621)

Filipe III de España
Habsburgo Filipe II
(1598-1621)
Filipe III
(1621-1665)

Filipe IV de España
Habsburgo Filipe III
(1621-1665)
  República Napolitana (1647-1648):
Dux Henrique de Guisa
[18]
 
Carlos III
(1665-1700)

Carlos II de España
Habsburgo Carlos V
(1665-1700)
Filipe IV
(1700-1713)

Filipe V de España
Casa de Borbón Filipe IV
(1700-1707)
Rei titular (1707-1713)

Carlos III
(Rei rival de España)
Habsburgo Carlos VI
(1707-1734)[19]

Do período austríaco ao período napoleónico (1713-1816)

[editar | editar a fonte]

Ao morrer Carlos II sen herdeiros, nomeou como o seu sucesor a Filipe de Borbón, neto de Lois XIV de Francia. A candidatura ao trono do arquiduque Carlos de Austria era apoiada por Inglaterra, Austria e as Provincias Unidas, que temían a unión de Francia e España, e tamén polos territorios da coroa de Aragón, que temían o centralismo borbónico.

Esta situación desencadeou a Guerra de Sucesión española (1700-1713). A contenda rematou coa Paz de Utrecht, pola que Filipe se convertía en rei de España, pero todas as posesións europeas de cedían aos aliados. O Reino de Nápoles cedeuse a Austria e foi gobernado polo arquiduque Carlos, entón xa convertido en Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico, e o de Sicilia foi cedido ao Ducado de Savoia (baixo o reinado de Vitor Amadeo II).[20] Pero xa en 1720 Sicilia pasou ao poder dos Habsburgo de Austria.

En 1734, Carlos de Borbón, por entón Duque de Toscana e fillo de Filipe V de España, logo de vencer aos austríacos, apoderouse en 1735 dos Reinos de Nápoles e Sicilia coa axuda do exército español, recuperando estes territorios para os borbóns. O 10 de maio de 1734, durante a guerra de Sucesión Polaca, Carlos entrou en Nápoles e coroouse rei Nápoles (co nome de Carlos VII), e rei de Sicilia un ano despois.

En 1796 o xeneral Napoleón Bonaparte invadiu Italia e venceu con facilidade ás tropas austríacas e aos débiles gobernos locais. En 1798 os franceses ocuparon Roma e os xacobinos da codade crearon a República Romana. Fernando IV de Nápoles enviou un exército para frear aos franceses. Nun primeiro momento os franceses retiráronse, permitindo que o rei Fernando entrase en Roma triunfalmente. Pero os franceses contraatacou e o exército napolitano non foi capaz de resistir, retirándose cara a Nápoles e entregando aos franceses todas as fortalezas dos territorios setentrionais do Reino, incluíndo Gaeta.[21]

O 8 de decembro de 1798, Fernando IV realizou desde L'Aquila unha proclama pola que chamaba aos cidadáns a defender o Reino. Na súa marcha cara a Nápoles, o xeneral francés Championnet encontrou unha forte resistencia de labregos nos Abruzos e o Lacio, pero finalmente os franceses chegaron até as portas de Nápoles. O 22 de decembro de 1798, o rei Fernando abandonou a capital para trasladarse a Sicilia, e o 22 de xaneiro de 1799 un grupo de napolitanos xacobinos proclamaron a República Partenopea (ou República Napolitana). A república non tivo éxito nas provincias, porque a xente quería a Fernando e reclamaba a monarquía. A finais de xaneiro, o cardeal Fabrizio Ruffo viaxou a Palermo para presentar ao rei Fernando un proxecto de reconquista do Reino de Nápoles. Aceptado o plan, o cardeal volveu a Nápoles onde contou co apoio dos napolitanos. Miles de homes preparáronse para loitar contra os xacobinos en defensa dos Borbóns. Ruffo creou o Exército Católico Real, e o 13 de xuño de 1799, Fernando IV restaurou a monarquía borbónica.

Despois da vitoria en Austerlitz o 2 de decembro de 1805, Napoleón entrou en Italia e dominou definitivamente Nápoles, declarando a fin da dinastía Borbón. En 1808, Napoleón conseguiu a abdicación dos últimos borbóns reinantes en Europa: Carlos IV e Fernando VII de España, nomeando rei de Nápoles e Sicilia ao seu irmán Xosé Bonaparte. Fernando volveu escapar a Sicilia e negociou un protectorado con Gran Bretaña. Xosé Bonaparte marchou a España para reinar e sucedeuno en Nápoles Joachim Murat, que gobernou ata maio de 1815.

Cómpre sinalar que Sicilia (o Reino de Sicilia) nunca estivo en poder dos napoleónicos.

Rei en Sicilia

Soberano Retrato Dinastía
Vitor Amadeo de Savoia
(1713-1720)
Casa de Savoia
Carlos IV
(Emperador Carlos VI)
(1720-1735)
Habsburgoo

Rei en Nápoles

Soberano Retrato Dinastía
Carlos VI
(Emperador Carlos VI)
(1707-1734)









Habsburgoo
Soberano e reinado en Sicilia Retrato,
titulación e
Dinastía
Soberano e reinado en Nápoles
Carlos V
(1735-1759)

Re delle Due Sicilie
Dinastía Borbón-Dúas Sicilias
Carlos VII
(1734-1759)
 
Re delle Due Sicilie
Dinastía Borbón-Dúas Sicilias
Fernando IV
(1759-1799)
República Partenopea
(1799)
Fernando IV
Restaurado
(1799-1806)
Fernando III
(1759-1816)

Re delle Due Sicilie
Dinastía Borbón-Dúas Sicilias
 
Re di Napoli e di Sicilia
Dinastía Bonaparte
Xosé I Bonaparte
(1806-1808)

Re delle Due Sicilie
Dinastía Bonaparte
Xoaquín I Napoléon
(1808-1815)
 
Re delle Due Sicilie
Dinastía Borbón-Dúas Sicilias
Fernando IV
Restaurado
(1815-1816)

Reino das Dúas Sicilias (1816-1861)

[editar | editar a fonte]

Tras 20 anos de guerras entre a Francia napoleónica e o resto das nacións europeas, o congreso de Viena, iniciado en 1814 e terminado en 1815, baseou a reorganización do vello continente no "principio de lexitimidade" polo que se devolvían as terras aos seus antigos monarcas. Consonte co que decidiu o congreso de Viena, o rei Fernando emitiu un decreto polo que unificaba os Reinos de Nápoles e de Sicilia no novo Reino das Dúas Sicilias, intitulándose como Fernando I das Dúas Sicilias. Durante os anos 1860 e 1861, o Reino das Dúas Sicilias foi conquistado e incorporado ao Reino de Piemonte-Sardeña.

Soberano Retrato Dinastía
Fernando I
(1816-1825)
Borbón-Dúas Sicilias
Francisco I
(1825-1830)
Borbón-Dúas Sicilias
Fernando II
(1830-1859)
Borbón-Dúas Sicilias
Francisco II
(1859-1861)
Borbón-Dúas Sicilias
  1. Rosamond McKitterick, David Luscombe, Jonathan Riley-Smith, Paul Fouracre, Timothy Reuter, David Abulafia, C. T. Allmand, Michael Jones (2004). The New Cambridge Medieval History IV. Cambridge University Press. Páx. 107.
  2. 2,0 2,1 Gaetano Moroni (1854): Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica. Tipografia Emiliana, páx. 179.
  3. Kleinhenz, Christopher (2004), Medieval Italy: an encyclopedia, volumen 1, Routledge, páx.248
  4. Sandra Clayton-Emmerson (2006). Key figures in medieval Europe: an encyclopedia. CRC Press, páx. 153.
  5. Edward Baines (1836), History of the county palatine and duchy of Lancaster, vol. I, Fisher Son and Co. páx. 123
  6. I Vespri siciliani
  7. José María de Francisco Olmos (2003): El «Coronato» napolitano. Una moneda documental y propagandística. Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine. Revista General de Información y Documentación, Vol. 13, núm. 1. Universidad Complutense de Madrid, páx. 58.
  8. John Platts (1825): A universal biography: chronologically arranged.... Sherwood, Jones & Co., Vol. 3, páx. 473.
  9. Gaetano Moroni (1854): Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica. Vol. XLV, páx. 199.
  10. O tratado de Anagni estableceu a renuncia de Xaime II á illa de Sicilia para entregarlla ao papa, pero os sicilianos rexeitaron iso e coroaron rei ao seu irmán Frederico [1][2][3][Ligazón morta]
  11. Gaetano Moroni (1854) Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica. Tipografia Emiliana, páx. 206.
  12. Antonio Montpalau (1792). Compendio cronologico-historico de los soberanos de Europa. Oficina de Blas Roman, páx. 201.
  13. Gaetano Moroni (1854) Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica. Tipografia Emiliana, páx. 218.
  14. Asumiu o título o 13 de febreiro de 1494. , [4] o 22 de febreiro de 1495 entrou en Nápoles e asumiu o goberno do reino,[5] e o 15 de maio de 1495 foi coroado rei [6]
  15. Armisticio de Atella De Sismondi Jean-Charles-Léonard (1864), A history of the Italian republics: being a view of the origin, progress and fall of Italian freedom, Ed.Harper, páx. 234.
  16. Gaetano Moroni (1854) Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica. Tipografia Emiliana, pág. 228.
  17. 17,0 17,1 O 24 de xullo de 1554, Carlos I de España cedeu ao seu fillo Filipe o Reino de Nápoles. Posteriormente, o 16 de xaneiro de 1556, ceduelle tamén o Reino de Sicilia.
  18. dAngel de Saavedra, duque de Rivas (1849). Insurrection de Naples en 1647. Amyot, páx. 176.
  19. Antonio Montpalau (1792). Compendio cronologico-historico de los soberanos de Europa. Oficina de Blas Roman, páx. 205
  20. Cesión de Sicilia a Savoia, 13 de xullo de 1713.
  21. De Saint Albin, Alexandre Rousselin de Corbeau (1860): Championnet, général des armées de la République française: ou les Campagnes de Hollande, de Rome et de Naples.