Casa de Hauteville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa de Hauteville
caption
País Normandía
Títulos
Fundador Tancredo de Hauteville
Último gobernante Tancredo de Lecce

A casa de Hauteville, ou casa de Altavilla, foi unha dinastía normanda que gobernou Sicilia entre os anos 1061 e 1091, e en 1194.

A súa denominación provén da vila de Hauteville-la-Guichard, no Cotentín (Normandía), solar de Tancredo de Hauteville e dos seus fillos Robert Guiscard (tamén coñecido como Roberto Guiscardo e Roberto de Hauteville) e Roger chamado Borsa (Bolsa), este último primeiro conde de Sicilia.

Robert e Roger formaban parte dun grupo de mercenarios normandos que foran pagados polos bizantinos, que desexaban expulsar aos árabes da península Itálica. Robert Guiscard conquistou cos seus mercenarios un amplo territorio no sur de Italia, expulsando tamén aos bizantinos, que o contrataran, e que estaban alí establecidos desde o século VI.

Historia[editar | editar a fonte]

Roger II coroado por Cristo. Mosaico da Igrexa da Martorana.
A inscrición reza: Rogerios rex en letras gregas.

No ano 1059, o papa León IX estableceu unha alianza con Robert Guiscard, facéndoo seu vasalo a cambio de concederlle como feudos os ducados de Puglia e Calabria (é dicir, o sur de Italia íntegro), máis a illa de Sicilia, daquela repartida entre bizantinos e sarracenos, exhortándoo a que completara a conquista dos territorios bizantinos.

No sínodo de Melfi de agosto de 1059, o papa Nicolao II investiu a Robert Guiscard como duque de Puglia, Calabria e Sicilia.[1] Estes títulos habilitaron a Roberto Guiscardo para reclamar legalmente para el a a súa familia, a illa de Sicilia e os citados territorios italianos. De todas as maneiras non foi el, senón o seu irmán Roger, quen completou a conquista de Sicilia.

En 1072, Robert Guiscard proclamou ao su irmán Roger Borsa como Gran Conde de Sicilia aínda que seguiría sendo seu vasalo. A partir de entón Roger completou a conquista de Sicilia. Á morte de Robert Guiscard enfrontáronse os seus fillos Bohemundo e Roger Borsa, este último apoiado polo seu tío Roger de Sicilia. Foi Roger Borsa quen saíu vitorioso.

Cando Roger Borsa de Sicilia morreu foi sucedido polo seu fillo Simón, que faleceu rapidamente, recaendo o trono no sue irmán Roger (Roger II).

Roger II de Sicilia foi un grande estadista que continuou a política do seu pai, e á morte do seu primo Guillerme II de Puglia, fillo de Roger Borsa, unificou os dominios normandos en Italia, e levou a Sicilia á súa máxima grandeza ao conquistar o ducado de Nápoles.

Roger II, que accedera ao trono como conde de Sicilia, conseguiu que en 1130 o antipapa Anacleto II o investira como rei de Sicilia. Roger foi coroado por Anacleto II, a cambio do seu apoio para ocupar a cadeira de san Pedro. Roger faise feudatario do papa, o que provocaría un problema político cando a dinastía Hohenstaufen tomou o poder no reino de Sicilia.

Á morte de Roger II, o trono pasou a Guillerme I, coñecido como Guillerme o Malo. Morto este, o trono herdouno seu fillo, Guillerme II o Bo.

Debido a que Guillerme II faleceu sen descendencia, desatouse unha crise interna. A súa tía Constanza I de Sicilia casara con Henrique, fillo de Federico Barbarroxa, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, polo que Henrique reclamou o trono. Pero tamén o reclamou Ricardo Corazón de León, rei de Inglaterra, que así mesmo estaba emparentado cos Hauteville.

Pero, por outra parte, os nobres sicilianos decidiron entronizar no seu lugar a Tancredo de Lecce, fillo bastardo de Roger II, quen gobernou en medio de continuas guerras civís durante só cinco anos. Á súa morte, en 1194, extinguiuse a casa de Hauteville, e o reino de Sicilia pasu ás mans da casa de Hohenstaufen.

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

|Tancredo (980-990 - c.1041), o=o (1) Muriella 
│                               o=o (2) Fresenda
├─1> Serlo I (c.1000 - ?), permanece en Normandía  
│     └──> Serlo II (c.1040 - 1072), señor de Geraci, o=o Aldruda de Moulins  
|             └──> Serlo III, señor de Geraci (1066 - ?)
|
├─1> Beatriz (c.1005 - ?) o=o (1) Herman d'Eu; o=o (2) Roger
│     ├─1> Roberto de Montescaglioso (c.1025 - 1080) 
|     |     └──> Unifredo de Montescaglioso (c.1045 - c.1095)
|     |
│     └─2> Vifredo, conde de Conversano (c.1035 - 1100)
│  
├─1> Guillerme Brazo de Ferro (c.1010 - 1046), I conde de Puglia (1042), o=o Guida, filla de Guido de Sorrento
│  
├─1> Drogo (c.1015 - 1051), II conde de Puglia (1046), o=o Gaitelgrima de Salerno (Altrude)
│     └──> Ricardo de Hauteville (c.1045 - c.1110)
│    
├─1> Unifredo (c.1020 - 1057), III conde de Puglia (105]), o=o (1) Matilde, filla de Ascletino I de Acerenza 
│     │                          o=o (2) Gaitelgrima di Salerno (Altrude), viúva do seu irmán Drogo
│     ├──> Abelardo (1044 - 1081)
│     ├──> Herman (c.1048 - 1097)
│     └──> Unifreda, o=o Basilio Spadafora
│     
├─1> Vifredo (c.1020 - 1071), conde de Capitanata, o=o (1) unha señora normanda 
│     │                                o=o (2) Teodora de Capaccio
│     ├─1> Roberto I de Loritello (c.1050 - 1107)
│     │    └──> Roberto II di Loritello (c.1080 - c.1135)
│     │         └──> Guillerme de Loritello (c.1110 - c.1155)  
│     ├─1> Rodolfo de Catanzaro o=o Berta
|     │    ├──> Vifredo de Catanzaro
|     |    └──> Raimundo de Catanzaro o=o Sighelgaita
|     |         └──> Clemencia de Catanzaro, condesa de Catanzaro o=o Hugo Lupino
|     |              └──> Hugo de Catanzaro
|     |
│     ├─1> Guillerme de Tiriolo
│     └─2> Tancredo
│     
├─2> Robert Guiscard (c.1025 - 1085), conde de Puglia e de Calabria (1057), despois duque de Puglia e de Calabria (1059) 
│     │                      o=o (1) 1051 Alberada de Buonalbergo
│     │                      o=o (2) 1058 Sichelgaita de Salerno
│     │ 
│     ├─1> Emma (c.1052 - ?), o=o Odón de Bonmarchis
│     │    └──> Tancredo, príncipe de Galilea (1072 - 1112)
│     │  
│     ├─1> Bohemundo I (c.1055 - 1111), príncipe de Taranto (1085), príncipe de Antioquía (1098),
│     │    o=o Constanza, fillia de Filipe I de Francia
│     │    ├──> Bohemundo II (1108 - 1131), príncipe de Antioquía e de Taranto (1126), o=o Alicia de Antioquía
│     │    │    └──> Constanza de Antioquía (1127 - 1163), o=o (1) Raimundo de Poitiers
│     │    │         │                        o=o (2) Reinaldo de Châtillon, príncipe de Antioquía
│     │    │         └─1> Bohemundo III de Antioquía (1144 - 1201)                            
│     │    └──> Elisa, o=o Raimundo, duque de Austria
│     │  
│     ├─1-2> Olimpia ou Elena (antes de 1060 - ?), o=o Costantino Ducas       
│     ├─1-2> Heria (antes de 1060 - ?), o=o Hugo V de Maine
│     ├─2> Matilde ou Mafalda (1059 - 1112), o=o Ramón Berenguer II de Barcelona
│     ├─2> Roger Borsa (c.1060 - 1111), duque de Puglia, de Calabria e de Sicilia (1085), o=o Adela de Flandres
│     │    └──> Guillerme II, duque de Puglia (1095 - 1127), o=o 1114 Gaitelgrima de Puglia
│     │ 
│     ├─2> Guido duque de Amalfi (1061 - 1108)
│     ├─2> Roberto chamado Scalio (c.1065 - 1110)
│     ├─2> Sibila, o=o Ébalo de Roucy
│     └─2> Mabilia, o=o Guillerme de Grandmesnil 
│     
├─2> Mauger (c.1025 - 1064), conde de Capitanata (1057)
│
├─2> Guillerme (c.1030 - c.1080), conde do Principado de Salerno (1056), o=o María, filla de Guido de Sorrento
│     └──> Roberto de Salerno (c.1050 - c.1110), conde do Principado de Salerno (c.1080)
│     └──> Tancredo de Salerno (c. 1055 - c. 1110) conde de Siracusa (c.1091)
│     └──> Ricardo de Salerno (c. 1060 - 1114),  o=o unha irmá de Tancredo, príncipe de Galilea
│           ├──> María, o=o Xoscelino I de Edesa
│           └──> Roger de Salerno (? - 1119), rexente de Antioquía, o=o Hodierna de Rethel (ou Hodierna de Trípoli)
│
├─2> Alfredo, permanece en Normandía
│
├─2> Tancredi, chegado a Italia e desaparecido
│
├─2> Emma (c.1030 - ?), o=o Eudes
│
├─2> Fredesenda (1030 - 1097), o=o Ricardo I de Aversa, 
│
└─2> Roger I (c.1031 - 1101), conde de Sicilia (1062), o=o (1) 1061 Xuduit de Evreux (1050 - 1076)
     │                                                 o=o (2) 1077 Eremburga de Mortain († 1087)
     │                                                 o=o (3) 1087 Adelaida del Vasto (1074 - 1118)
     ├─0> Xordán (c.1060 - 1092)
     │ 
     ├─1> Matilde (1062 - 1094) o=o Raimundo IV de Tolosa
     ├─1> Flandina, o=o Hugo de Jersey, despois o=o Henrique del Vasto
     ├─1> Emma, o=o Rodolfo Macabeo, conde de Montescaglioso
     │ 
     ├─0> Vifredo (1080 c. - 1120), I conde de Ragusa
     │     └──> Silvestre de Marsico (c. 1110 - 1162), I conde de Marsico
     │ 
     ├─2> Felicia (ou Busila) (c.1078 - 1102), o=o Colomán de Hungría
     ├─2> Mauger (c.1080 - c.1100), conde de Troina
     ├─2> Muriel (c.1080 - 1119), o=o Xosberto de Luci
     ├─2> Constanza (c.1082 - ?), o=o Conrado de Lorena 
     ├─2> Xudit (c.1085 - ?), o=o Roberto I de Basseville   
     │ 
     ├─3> Matilde (c.1090 - 1119) o=o (2) Rainulfo III de Alife 
     ├─3> Simón de Sicilia (1093 - 1105)
     └─3> Roger II (1095 - 1154), conde (1105) e despois rei de Sicilia (1130)
          │           o=o (1) 1116 Elvira de Castela (1097 - 1135)
          │           o=o (2) 1149 Sibila de Borgoña (1126 - 1150)
          │           o=o (3) 1151 Beatriz de Rethel (c.1135 - 1185)
          │    
          ├─1> Roger (1118 - 1148), duque de Puglia e Calabria, o=o 1140 Isabel de Blois 
          |     |                                                    
          │     └──> Tancredo (1138 - 1194), conde di Lecce, rei de Sicilia (1189 - 1194), o=o Sibila de Medania
          │          ├──> Roger (1175 - 1193), o=o Irene Angelo 
          │          ├──> Constanza, o=o Pietro Ziani, dogo da República de Venecia           
          │          ├──> Valdrada, o=o Jacopo Tiepolo, dogo da República de Venecia
          │          ├──> María Albina (c.1175 - 1234), condesa de Lecce, o=o 1200 Gualterio III de Brienne
          │          └──> Guillerme III (1185 - 1198), rei de Sicilia (1194)
          │     
          ├─1> Tancredo (c.1120 - 1138), príncipe de Bari
          ├─1> Afonso (c.1122 - 1144), duque de Nápoles
          ├─1> Guillerme I o Malo (1131 - 1166), rei de Sicilia (1154 - 1166), o=o Margarita de Navarra
          │    ├──> Roger (1150 - 1161), duque de Puglia      
          │    ├──> Guillerme II o Bo (1153 - 1189), rei de Sicilia (1166 - 1189), o=o 1177 Xoana de Inglaterra (1165-1199)
          │    ├──> Henrique (1158 - 1172), príncipe de Capua
          │    └──> Matina, o=o Margarito de Brindisi
          │
          ├─1> Adelicia (? - c.1130), o=o Gozzolino di Loreto    
          ├-N> Simón de Taranto
          │     
          └─3> Constanza (1154 - 1198), o=o Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1165 - 1197)
               └──> Federico II (1194 - 1250), emperador do Sacro Imprio Romano Xermánico
                                   |_______> Manfredo I de Suabia

Cronoloxía dos soberanos de Sicilia da casa de Hauteville[editar | editar a fonte]

Condes de Sicilia (1061-1130)[editar | editar a fonte]

Reis de Sicilia (1130-1194)[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Delogu, Paolo (1984): I Normanni in Italia: cronache della conquista e del regno Napoli: Liguori editore. ISBN 88-207-1312-8.
  • Matthew, Donald J. (2008): I normanni in Italia Bari: Laterza. ISBN 88-420-8745-9.
  • Pontieri, Ernesto (1964): Tra i Normanni nell'Italia meridionale. Napoli: Edizioni Scientifiche Italiane.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]