Aquilio, Aragno, Arischia, Assergi, Bagno, Bazzano, Camarda, Cansatessa, Casaline, Cermone, Cese, Civita di Bagno, Colle di Preturo, Colle di Sassa, Colle Roio - Poggio di Roio, Collebrincioni, Collefracido, Coppito, Filetto, Foce, Forcelle, Fossa, Genzano, Gignano, Monticchio, Onna, Paganica, Pagliare di Sassa, Pescomaggiore, Palombaia, Pettino, Pianola, Pile, Pizzutillo, Poggio Picenze, Poggio Roio, Poggio Santa Maria, Pozza di Preturo, Pratelle, Preturo, Ripa, Roio Piano - Poggio di Roio, San Demetrio Ne'Vestini, San Giacomo alto, San Giuliano, San Gregorio, San Leonardo, San Marco Di Preturo, San Martino di Sassa,san pio delle camere, Santa Rufina, Sant'Angelo, Sant'Elia, Santi, San Vittorino, Santi, Sassa, Tempera, Torretta, Valle Pretara, Vallesindola, Vasche.
Algúns lugares de interese son: A Rocca, un forte español do século XVI; construído baixo a dirección do enxeñeiro valenciano Pedro Luis Escrivá,[1][2] a basílica románica de Santa María de Collemaggio (onde foi coroado e soterrado o Papa Celestino V); a basílica de San Bernardino; e a Fontana medieval dos 99 chorros (aínda non se sabe de onde provén a auga) que conmemora aos 99 pobos que se di que estableceron a cidade. A Fontana Luminosa é outro lugar de interese, unha escultura de dúas mulleres sostendo varios floreiros, feita durante os anos 30.
Nos arredores da cidade hai ruínas romanas (Amiternum), antigos mosteiros, e numerosos castelos. O máis coñecido deles é o de Rocca Calascio, que é o castelo máis alto de Italia e un dos máis altos de Europa. Tamén hai pistas de esquí no Gran Sasso d'Italia, o maior dos Apeninos.