Lanzamento de disco
O lanzamento de disco é unha proba do atletismo actual, onde o obxectivo é lanzar un obxecto pesado de sección circular denominado disco o máis lonxe posible. O disco tírase desde un círculo de 2,50 m de diámetro e debe aterrar dentro dun sector de ángulo de 34° 92'.
Historia
[editar | editar a fonte]Existen rexistros de que esta proba se efectúa polo menos desde o século VI antes de Cristo.
O disco
[editar | editar a fonte]Consérvanse algúns discos antigos e parece ser que non existía nin un peso nin unha medida estándar posto que os discos que se conservan son do máis variado en canto ao seu tamaño e peso que oscila entre os 1,3 e 4 kg, aínda que existe un de 5,707 kg que pode ser que fora un disco votivo sen relación coa competición.[1]
Zona de lanzamento
[editar | editar a fonte]A zona de lanzamento suponse que era moi distinta á actual, pero non se sabe con absoluta certeza pois téñense de interpretar as referencias que nos chegaron a nós tales como pinturas, estatuas etc. Crese que a zona de lanzamento non era circular como na actualidade, senón que era un espazo limitado lateral e frontalmente,
Técnica de lanzamento
[editar | editar a fonte]Coa técnica tamén hai que deducir como era a partir dos restos que nos chegaron, como o discóbolo de Mirón. Crese que a forma máis común de lanzar o disco era levantando o disco pola fronte para a continuación botar o brazo de lanzamento suxeitando o disco cara a atrás e acompañándoo co resto do corpo. A continuación avanzábase o corpo cara a adiante erguendo e soltando o brazo para efectuar o lanzamento.
Regulamento
[editar | editar a fonte]A atleta debe iniciar a súa actuación desde unha posición estática. Pode suxeitar o disco como queira e utilizar calquera técnica de lanzamento manual. Deberá abandonar o círculo pola metade traseira unha vez que o disco tocou o chan. Para que sexa válido o lanzamento o disco deberá caer dentro da parte interior das liñas de demarcación do sector de caída. O lanzamento mídese desde a marca máis próxima efectuada polo disco até o bordo interior da circunferencia do círculo. O atleta non pode introducir nada no círculo. Para realizar cada intento o atleta ten un minuto, normalmente cada atleta realiza tres intentos e os oito atletas con mellor marca válida, realizan outros tres intentos en orde inversa á súa mellor marca.
Motivos de lanzamento nulo:
- Tocar con calquera parte do corpo a parte superior do bordo metálico do círculo ou ben fóra deste.
- Saír pola parte dianteira do círculo.
- Saír do círculo antes de que se produza a caída do artefacto.
- Lanzar o artefacto fóra do sector.
- Atraso na execución do lanzamento.
- Saír polo lado do círculo
Características do disco
[editar | editar a fonte]Na categoría absoluta, o peso do disco é de 2 kg para homes e de 1 kg para mulleres. Ten un diámetro de 219 – 221 mm e unha anchura de 44–46 mm na categoría masculina mentres que na feminina ten un diámetro de 180 – 182 mm e unha anchura de 37 – 39 mm. Non obstante, o tamaño e o peso do disco descenden en categorías inferiores de varóns: 1,5 kg para menores (até 17 anos) 1,75 kg para xuvenís (de 18 a 20 anos).
Récords
[editar | editar a fonte](actualizado o 23 de decembro de 2010)
Marca | Atleta | País | Lugar | Data | ||
---|---|---|---|---|---|---|
WR | Homes | 74,08 | Jürgen Schult | Alemaña Oriental | Neubrandenburg | 06-06-1986 |
Mulleres | 76,80 | Gabriele Reinsch | Alemaña Oriental | Neubrandenburg | 09-07-1988 | |
OR | Homes | 69,89 | Virgilijus Alekna | Lituania | Atenas | 23-08-2004 |
Mulleres | 72,30 | Martina Hellmann | Alemaña Oriental | Seúl | 29-09-1988 | |
ER | Homes | 74,08 | Jürgen Schult | Alemaña Oriental | Neubrandenburg | 06-06-1986 |
Mulleres | 76,80 | Gabriele Reinsch | Alemaña Oriental | Neubrandenburg | 09-07-1988 | |
AM | Homes | 71,32 | Ben Plucknett | Estados Unidos | Eugene | 04-06-1983 |
Mulleres | 70,88 | Hilda Ramos | Cuba | A Habana | 08-05-1992 | |
AF | Homes | 70,32 | Frantz Kruger | Suráfrica | Salon-de-Provence | 26-05-2002 |
Mulleres | 64,87 | Elizna Naude | Suráfrica | Stellenbosch | 02-03-2007 | |
AS | Homes | 69,32 | Ehsan Hadidi | Irán | Tallinn | 03-06-2008 |
Mulleres | 71,68 | Yanling Xiao | China | Pequín | 14-03-1992 | |
OC | Homes | 65,02 | Benn Harradine | Australia | Salinas (California) | 22-05-2008 |
Mulleres | 68,72 | Daniela Costian | Australia | Auckland | 22-01-1994 |
Atletas con mellores marcas mundiais
[editar | editar a fonte](actualizado o 1 de agosto de 2010)
Homes
[editar | editar a fonte]Clasificación | Marca | Atleta | País | Data | Lugar |
---|---|---|---|---|---|
1. | 74,08 | Jürgen Schult | Alemaña Occidental | 6 de xuño de 1986 | Neubrandenburg |
2. | 73,88 | Virgilijus Alekna | Lituania | 3 de agosto de 2000 | Kaunas |
3. | 73,38 | Gerd Kanter | Estonia | 4 de setembro de 2006 | Helsingborg |
4. | 71,86 | Yuriy Dumchev | Unión Soviética | 29 de maio de 1983 | Moscova |
5. | 71,70 | Robert Fazekas | Hungría | 14 de xullo de 2002 | Szombathely |
6. | 71,50 | Lars Riedel | Alemaña Occidental | 3 de maio de 1997 | Wiesbaden |
7. | 71,32 | Ben Plucknett | Perú | 4 de xuño de 1983 | Eugene |
8 | 71,26 | John Powell | Estados Unidos | 9 de xuño de 1984 | San José |
Rickard Bruch | Suecia | 15 de novembro de 1984 | Malmö | ||
Imrich Bugar | Checoslovaquia | 25 de maio de 1985 | San José |
Mulleres
[editar | editar a fonte]Clasificación | Marca | Atleta | País | Data | Lugar |
---|---|---|---|---|---|
1. | 76.80 | Gabriele Reinsch | Alemaña Oriental | 9 de xullo de 1988 | Neubrandenburg |
2 | 74,56 | Zdenka Silhavá | Checoslovaquia | 26 de agosto de 1984 | Nitra |
Ilke Wyludda | Alemaña Oriental | 23 de xullo de 1989 | Neubrandenburg | ||
4. | 74,08 | Diana Sachse-Gansky | Alemaña Oriental | 20 de xuño de 1987 | Chemnitz |
5. | 73,84 | Daniela Costian | Romanía | 30 de abril de 1988 | Bucarest |
6. | 73,36 | Irina Meszynski | Alemaña Oriental | 17 de agosto de 1984 | Praga |
7. | 120 | Tsvetanka Khristova | Bulgaria | 19 de abril de 1987 | Kazanlak |
9. | 73,10 | Gisela Beyer | Alemaña Oriental | 20 de xullo de 1984 | Berlín |
10. | 72,92 | Martina Hellmann | Alemaña Oriental | 20 de agosto de 1997 | Potsdam |
Campións olímpicos
[editar | editar a fonte]Campións mundiais
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lanzamiento de disco Arquivado 25 de abril de 2008 en Wayback Machine. mundoatletismo.com (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lanzamento de disco |