Pepe Miñones
Pepe Miñones | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de maio de 1900 |
Lugar de nacemento | Corcubión |
Falecemento | 2 de decembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Campo da Rata |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | avogado, político e empresario |
Pai | Manuel Miñones Barros |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Miñones Bernárdez, coñecido como Pepe Miñones, nado en Corcubión o 1 de maio de 1900 e finado na Coruña o 2 de decembro de 1936, foi un avogado, empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Manuel Miñones Barros. Estudou Dereito na Universidade de Madrid e rematou a carreira na USC. Creou o Partido Socialista Agrario en Corcubión. Loitou polo ferrocarril, a redención de foros, o agrarismo e a educación. Fundou en Corcubión a revista Nerio (1920), na Coruña o semanario Región Gallega (1924) e Finis Terre, e foi propietario do xornal La Provincia de Úbeda (1928).[1] Foi promotor e principal accionista da Electra Popular Coruñesa e de Hidroeléctrica La Loma. Militante do Partido Republicano Radical, foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1933. Seguidor de Martínez Barrio, pasou con el ao Partido Radical Demócrata e despois a Unión Republicana. Volveu ser elixido deputado nas eleccións xerais de 1936 nas candidaturas da Fronte Popular, pola mesma circunscrición.

Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos sublevados na Coruña, encarcerado e condenado a morte e ao pago dunha multa dun millón de pesetas. Ademais fóronlle incautadas todas as súas empresas, incluída Electra Popular Coruñesa, que foi entregada ao simpatizante franquista Pedro Barrié de la Maza, que a fusionou coa súa Fábrica de Gas y Electricidad, dando lugar a Fenosa e obtendo así o monopolio do mercado eléctrico en Galicia.
Foi fusilado no Campo da Rata o 2 de decembro de 1936.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en 1927 con María del Pilar Vilas Durán, filla de Ramón Vilas González.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pepe Miñones |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Lamela, Luís (1991). Pepe Miñones. Un crimen en la leyenda (1900-1936). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-538-X.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Pepe Miñones na páxina web Nomes e Voces.