Xosé Ramón Gómez Besteiro
Xosé Ramón Gómez Besteiro | |
![]() Besteiro en 2014. | |
14 de xullo de 2007 – 24 de xuño de 2015 | |
Precedido por | Francisco Cacharro Pardo |
Sucedido por | Elena Candia López |
Datos persoais
| |
Nacemento | 15 de novembro de 1967 (55 anos) Lugo, Galicia |
Partido | PSdeG-PSOE |
Profesión | Avogado, político |
Xosé Ramón Gómez Besteiro, nado en Lugo o 15 de novembro de 1967, é un avogado e político do PSdeG, foi o presidente da Deputación de Lugo dende 2007 ata 2015 e dende setembro de 2013 o secretario xeral do PSdeG, cargo do que tivo que dimitir ao ser imputado de varios delitos pola xuíza Pilar de Lara, acusacións que acabarían sendo arquivadas en 2021[1].
Biografía[editar | editar a fonte]
Xosé Ramón Gómez Besteiro é o menor de tres irmáns. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado até o comezo da súa carreira política. Ten dous fillos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Desenvolveu toda a súa carreira política no PSdeG-PSOE, afiliándose ao partido tras rematar os seus estudos universitarios. Con 31 anos, cando estaba a exercer a súa profesión de avogado, entrou a formar parte do 1º Goberno do PSdeG-PSOE na historia democrática da cidade luguesa.
Entre 1999 e 2007 foi o voceiro do equipo de goberno no Concello de Lugo, concelleiro de Urbanismo e tamén deputado provincial.
Tras as eleccións municipais de 2007, o 14 de xullo[2], Gómez Besteiro convertíase no primeiro militante do Partido Socialista en Galicia que presidía a Deputación de Lugo, sendo o número 102[3] da historia da institución provincial. Algúns dos aspectos máis significativos durante o seu primeiro mandato son o pagamento do canon hidroeléctico, a creación da UNED na cidade de Lugo[4], a posta en marcha da rede provincial dos parques de bombeiros[5] ou a elaboración dun plan estratéxico provincial. Tamén puxo en marcha a rede provincial de residencias da terceira idade e centros de día e estase a preparar o primeiro centro público de recría de gando para o noroeste de España[6].
Nas eleccións municipais de España de 2011, Gómez Besteiro revalidou o apoio da cidadanía. Converteuse entón no único presidente do PSdeG-PSOE en presidir unha deputación en Galicia[7], e o único caso en toda España en que este partido gañou tanto o goberno provincial como o da capital[8]. Presidiu, ademais, un dos oito gobernos provinciais liderados polo Partido Socialista en España.
En febreiro de 2012, Gómez Besteiro entrou a formar parte do Comité Federal do Partido Socialista. Este mesmo ano, tras pechar a súa etapa á fronte da Secretaría Xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE, foi nomeado Secretario Xeral do PSOE na provincia de Lugo[9], cargo que ocupou ata o 26 de outubro de 2013 cando foi relevado por Juan Carlos González Santín[10].
O 13 de marzo de 2013 anunciou a súa intención de optar á Secretaría Xeral do PSdeG[11] . Presentouse ás eleccións primarias consultivas do 7 de setembro fronte ao alcalde da Illa de Arousa, Manel Vázquez, e obtivo o 77% dos votos[12], sendo ratificado o seu nomeamento no Congreso extraordinario do 29 de setembro de 2013 [13]. Co 95% dos votos, foi proclamado novo secretario xeral do PSdeG-PSOE.
O 12 de marzo de 2016 anunciou a súa renuncia a ser o candidato do PSdeG-PSOE á Xunta de Galicia, logo de ser imputado pola xuíza Pilar de Lara como presunto autor de 6 delitos.[14] Os delitos que se lle imputaban eran suborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás Administracións públicas, fraude de subvencións e delito continuado de malversación de fondos públicos.[15] O 18 de marzo dimitiu da secretaría xeral do PSdeG-PSOE pola mesma causa. Finalmente, a causa que o levou a dimitir (coñecida como o "Garañón"), sería arquivada en febreiro de 2021[1].
Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]
- Concelleiro do Concello de Lugo (1999–2015).
- Deputado provincial (1999–2015).
- Concelleiro de Urbanismo do Concello de Lugo (1999–2007).
- Secretario Local do PSOE en Lugo (2000–2012).
- Presidente da Deputación Provincial de Lugo (2007–2015).
- Secretario provincial do PSOE de Lugo (2012–2013).
- Secretario Xeral do PSdeG-PSOE (Desde o 29 de setembro de 2013).
Predecesor: Francisco Cacharro Pardo |
![]() Presidente da Deputación Provincial de Lugo 2007-2015 |
Sucesor: Elena Candia López |
Predecesor: Ricardo Varela Sánchez |
![]() Secretario xeral do PSOE de Lugo 2012-2013 |
Sucesor: Juan Carlos González Santín |
Predecesor: Pachi Vázquez |
![]() Secretario xeral do PSdeG-PSOE 2013-2016 |
Sucesor: Gonzalo Caballero |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Archivada la causa del Garañón que llevó a dimitir a Besteiro cuando lideraba el PSdeG". La Voz de Galicia. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ La Voz de Galicia: Lugo, única Diputación que cambia de manos
- ↑ Juan Carlos Fernández Pulpeiro: Presidentes de la Diputación de Lugo en toda su historia. En Lucensia: miscelánea de cultura e investigación, ISSN 1130-6831, Vol. 17, núm. 34, 2007 , páxs. 79-98
- ↑ El Progreso: Diputación, Concello y Uned constituyen el consorcio que gestionará el centro asociado de Lugo
- ↑ Web do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo
- ↑ "Centro de Recría. Granxa Gayoso-Castro". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 11 de setembro de 2013. Arquivado 18 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ La Opinión de A Coruña: El PP recupera la Diputación de A Coruña y retiene las de Pontevedra y Ourense
- ↑ Ricardo Varela: "Somos la única provincia donde se gobierna en la Diputación y en la capital" El Mundo, 02/03/2012
- ↑ José Ramón Gómez Besteiro, nuevo secretario provincial del PSdeG de Lugo: "Recuperar la Xunta es el objetivo inmediato"
- ↑ Santín, proclamado nuevo secretario xeral del PSOE de Lugo, Europa Press
- ↑ Besteiro anuncia su candidatura a secretario xeral, Faro de Vigo, 03/03/2013
- ↑ Gómez Besteiro, nuevo secretario general del PSdG, La Voz de Galicia, 07/09/2013
- ↑ Besteiro proclama que «o PSdeG volve» para pelear por la Xunta, La Voz de Galicia, 29/09/2013
- ↑ "Besteiro descarta ser candidato a la Xunta y se presenta como víctima de una cacería política". La Voz de Galicia. 13 de marzo de 2016. (en castelán)
- ↑ "Pilar de Lara investiga a Gómez Besteiro por seis delitos en la operación Pulpo". La Voz de Galicia. 12 de marzo de 2016. (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Ramón Gómez Besteiro |