Jaime Blanco Núñez
Jaime Blanco | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jaime Blanco Núñez | ||
Nacemento | 2 de xaneiro de 1940 (84 anos) | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Altura | 1,72 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Victoria | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1958–1964 | Deportivo da Coruña | 119 | (9) |
1964 | → Oviedo | 8 | (0) |
1964–1968 | Real Madrid | 0 | (0) |
1965–1967 | → Hércules | 8 | (1) |
1968–1969 | Betis | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Jaime Blanco Núñez, nado na Coruña o 2 de xaneiro de 1940, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro. É irmán do tamén exfutbolista Tito Blanco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán máis novo do futbolista Tito Blanco, formouse no Victoria coruñés e formou parte da selección galega xuvenil. En 1958 fichou polo Deportivo da Coruña, da Segunda División, co que non chegou a xogar ningún partido de liga esa tempada, facéndoo en vez diso co equipo de suplentes. Debutou co equipo titular o 27 de setembro de 1959, na terceira xornada da tempada 1959/60 contra o Alavés en Riazor.[1]
Foi un habitual no once coruñés nos seguintes anos, formando na dianteira a carón de Amancio e Veloso, e logrou o ascenso á máxima categoría na tempada 1961/62, despois de proclamarse campións de Segunda con Juan Otxoantezana no banco. Así, na tempada 1962–63 debutou en Primeira División nun partido contra o Sevilla en Riazor, e completou a competición con 22 encontros e dous goles. O equipo tivo esa campaña tres adestradores e acabou descendendo a Segunda.
Mediada a tempada 1963–64 foi cedido ao Real Oviedo, de Primeira División,[2] volvendo ao Deportivo na campaña seguinte, que novamente descendeu a Segunda División.
Para a tempada 1965/66 fichou xunto con Veloso polo Real Madrid.[3] Permaneceu dúas campañas e media no club branco, nas que disputou só cinco partidos da Copa do Xeneralísimo. En decembro de 1966 saíu cedido ao Hércules, que ocupaba postos de descenso, pero non puido salvar a categoría.[4]
A pesar da súa escasa participación co Real Madrid, gañou dúas ligas e a Copa de Europa 1965/66. Deixou o club branco en xaneiro de 1967, fichando polo Betis,[5] onde só xogou un partido e descendeu a Segunda División. Na seguinte campaña no club andaluz non xogou ningún partido.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo
- Segunda división (2): 1961/62, 1963/64.
- Real Madrid
- Copa de Europa (1): 1965/66.
- Primeira división (2): 1966/67, 1967/68.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Deportivo, 4-Alavés, 2". La Noche (en castelán) (11870). 28 de setembro de 1959. p. 7. Consultado o 15 de decembro de 2021.
- ↑ "Jaime Blanco, cedido al Oviedo". La Noche (en castelán) (13165). 8 de febreiro de 1964. p. 6. Consultado o 15 de decembro de 2021.
- ↑ "Veloso y Jaime Blanco, al Real Madrid". La Noche (en castelán) (13612). 17 de xullo de 1965. p. 8. Consultado o 15 de decembro de 2021.
- ↑ "Jaime Blanco, al Hércules". El Pueblo Gallego (en castelán). 23 de decembro de 1966. p. 15. Consultado o 15 de decembro de 2021.
- ↑ "Jaime Blanco, trapsado del Madrid al Betis". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xaneiro de 1968. p. 12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).