Valentín Suárez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valentín Suárez
Información persoal
Nome Valentín Suárez Fernández
Nacemento 14 de maio de 1934 (89 anos)
Lugar de nacemento Langreu
Posición Defensas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1960–1962 Deportivo da Coruña 37 (0)
1963–1966 Langreo 46 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Valentín Suárez Fernández, nado en Langreu o 14 de maio de 1934, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1960–61 xogou co Deportivo da Coruña, en Segunda División. Foi un habitual na defensa do Deportivo nas dúas campañas que permaneceu no conxunto coruñés, adestrado o primeiro ano por Jesús Barrio e o segundo por Juan Otxoa, logrando o ascenso a Primeira División. Foi compañeiro de zaga de Manín, José Domínguez e Antonio Collar na primeira campaña, e de Pegaso, Víctor Aurre, José Carlos Lariño, Manín e José Domínguez na segunda.

Na tempada 1962–63 fichou polo Langreo de Segunda División, onde permaneceu 3 campañas, sendo un habitual do equipo titular as dúas primeiras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]