José Carlos Lariño
Lariño | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Carlos Lariño Fernández | ||
Nacemento | 27 de outubro de 1941 | ||
Lugar de nacemento | Pontevedra | ||
Falecemento | 31 de decembro de 2020 | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1955–1960 | Salcedo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1960 | Salcedo | ||
1960–1967 | Deportivo da Coruña | 75 | (1) |
1960 | → Xuvenil | 3 | (0) |
1962–1963 | → Sporting de Gijón | 17 | (0) |
1967–1969 | Valladolid | 42 | (0) |
1969–1971 | Ourense | 30 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Carlos Lariño Fernández, nado en Pontevedra o 27 de outubro de 1941 e finado o 31 de decembro de 2020,[1] foi un futbolista galego. Xogaba de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol aos 14 anos no Salcedo da súa cidade natal, Pontevedra.[2] Despois de destacar nos xuvenís e no primeiro equipo, e de xogar varias veces coa selección galega xuvenil, fichou polo Deportivo da Coruña en marzo de 1960. Xogou cedido no Xuvenil de Terceira División os derradeiros partidos da tempada 1959/60, para tentar salvar a categoría, mais sen éxito.[3]
Na tempada 1960/61 foi suplente no Deportivo, club co que debutou en partido oficial na tempada seguinte, o 24 de setembro de 1961, nun derbi contra o Celta de Vigo en Balaídos correspondente ao campionato de Segunda División. Xogou un total de 24 encontros esa campaña, na que o club coruñés se proclamou campión de Segunda e ascendeu a Primeira División.
Para a tempada 1962/63 saíu cedido ao Sporting de Gijón, de Segunda,[4] onde xogou 19 partidos, tendo como compañeiros habituais na defensa a Florín e a Puente. Regresou á Coruña na parte final da tempada, debutando co equipo galego na máxima categoría da man do adestrador Lelé, na xornada 27, nun encontro en Riazor contra o Real Oviedo que rematou con vitoria deportivista (2–1). Ese ano o club coruñés descendeu a Segunda.
Militou no Deportivo catro tempadas máis, pero a chegada de Campanal e Gatell na última delas pechoulle a porta da titularidade, polo que deixou o club no verán de 1967.[5] Fichou entón polo Valladolid, co que xogou dous anos na Segunda División, antes de regresar a Galicia para xogar no Ourense, da mesma división.[6] O equipo ourensán descendeu esa tempada, e en outubro de 1970, Lariño anunciou a súa retirada do fútbol, aos 28 anos de idade.[7][8]
Foi pai do médico do Deportivo da Coruña, Carlos Lariño. Faleceu o derradeiro día de 2020, con 79 anos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Carlos Lariño: el defensa de los tres ascensos
- ↑ "Lariño, figura descollante de los juveniles". La Noche (en castelán) (11934). 12 de decembro de 1959. p. 4. Consultado o 21 de decembro de 2021.
- ↑ "Un prometedor jugador: Lariño". La Noche (en castelán) (12037). 12 de abril de 1960. p. 4. Consultado o 21 de decembro de 2021.
- ↑ "Ayer marchó Lariño a Gijón". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 1962. p. 5.
- ↑ 5,0 5,1 "Lariño, xogador do Deportivo 'ascensor' da década dos 60, faleceu aos 79 anos". 31 de decembro de 2020. Consultado o 21 de decembro de 2021.
- ↑ "Lariño, fichó por el Orense". El Pueblo Gallego (en castelán). 6 de agosto de 1969. p. 23. Consultado o 21 de decembro de 2021.
- ↑ "Sorpresa: Lariño anuncia su retirada" (en castelán). 21 de outubro de 1970. p. 19.
- ↑ "¿Norat, baja en la plantilla del Orense?". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de outubro de 1970. p. 20. Consultado o 21 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).