Osmos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°17′56″N 8°22′03″O / 43.2989826, -8.367374

Osmos Sistemas Eléctricos

Sede de Osmos en Alvedro.
TipoSociedade Limitada
Fundación2001
LocalizaciónParque empresarial de Alvedro Rúa J-27 15180 Culleredo, A Coruña Galicia Galicia
Persoas claveAntonio Comba (Director)
IndustriaInstalacións eléctricas
Beneficio37.610.069 € (en 2016)[1]
Número de empregados160
editar datos en Wikidata ]

Osmos é unha empresa galega do sector das instalacións eléctricas con sede en Culleredo.[2]

As orixes da empresa están nun grupo de traballadores de Técnica 4 que traballaban para Inditex facendo instalacións eléctricas nas tendas e que deciden deixar a empresa para crear Osmos. Nas súas orixes a empresa tiña a sede no Polígono industrial de Bergondo. A empresa ampliou os servizos e traballa para outros clientes e ademais de Inditex.

Moi ligada á empresa está Arce Clima coa que comparte instalacións e organización.

Ten certificacións ISO 9001, ISO 14001 e OHSAS 18001 por Bureau Veritas.

Notas[editar | editar a fonte]