Malasa
Aparencia
| Malasa | |
|---|---|
Comercial Malasa, O Temple. | |
| Tipo | Sociedade Limitada Unipersoal |
| Fundación | 1992 |
| Matriz | Grupo Malasa SL |
| Localización | A Telva 1A, 15181 Sigrás, Culleredo, (A Coruña) |
| Fundador | Antonio e Javier Pérez |
| Industria | Mobles |
| Beneficio | 57.031.869 € (en 2016)[1] |
| Número de empregados | 106 |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Malasa é un grupo de empresas galegas adicadas ao sector do moble e a decoración fundada no Temple (Culleredo) e con sede en Sigrás, Culleredo.
Historia
[editar | editar a fonte]Malasa foi fundada no Temple en 1992 como unha empresa de deseño, fabricación e instalación de mobiliario e decoración.[2] A empresa ten fábrica no Polígono industrial do Acevedo en Cerceda.
Malasa deseña e constrúe mobiliario para locais comerciais. Traballan para marcas como: Desigual, Tous, Skhuaban, Bershka, Zara ou Zara Home.
En 2018 GPF Capital entrou como accionista da empresa mercando un terzo das accións.[3] En 2018 comprou o Grupo Noa, tamén adicado ao sector do moble e para Inditex. Malasa acadou un volume de negocio de 130 millóns de euros.[4]
Empresas do grupo Malasa
[editar | editar a fonte]- Comercial Malasa
- Fresno Noroeste
- Fresno Metal
- Fresno Cristal
- Ebanistería Barreiro
- Armarios Galicia
- Montajes Cerceda
- Noa Madera Creativa.