Saltar ao contido

Tempe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Tempe
 Instancia de
Organizacións
 Forma xurídica
 Matriz
Economía e industria
 Industria
 Produto ou servizo
Datas
 Fundación / creación
1989 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
Elx Editar o valor en Wikidata
 País
Identificadores
VIAF295161997 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Tempe é unha empresa do grupo Inditex, adicada á produción e distribución de calzado. A empresa fornece calzado de home, muller e nenos ás oito marcas de Inditex. O 50% da empresa é propiedade do empresario alicantino Vicente García Torres.[1]

Tenda de Tempe en Coruña The Style Outlets Alvedro, Culleredo.

A empresa Tempe foi fundada en 1989 e dedícase ao deseño, fabricación e distribución do calzado para todas as tendas dos formatos comerciais. A primeira colección de calzado chegou ás tendas de Zara con sección de neno en 1990. Ten capacidade en 2007 para producir máis de 25 millóns de pares de zapatos ao ano. Ademais, Tempe presentou a súa primeira colección de complementos en 2006.

A súa sede central está en Elx, un dos principais centros de produción de calzado europeo. Ademais, para subministrar os seus produtos aos distintos mercados creou as plataformas Tempe México (2003), Tempe Brasil (2005) e Tempe Asia (2006). Estas "plataformas" son organizacións autónomas en xestión e recursos que asumen a responsabilidade da produción e a subministración na súa área de influencia.

Ten tendas outlet que xestiona como proxectos de integración social:

  • Outlet Tempe Allariz (Ourense)
  • Outlet Tempe Elche (Alacant)
  • Outlet Tempe Alvedro (Culleredo)
  • Sambil Outlet (Madrid)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]