Dundee
| Dundee (en) Dùn Dèagh (gd) Dundee (sco) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Escocia | ||||
| Concello | Dundee City (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 148.280 (2016) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa Lingua scots | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 67.339.690 m² | ||||
| Altitude | 18 m | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | Dundee City Council (en) | ||||
| Membro de | Rede de cidades creativas (2014–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | DD1, DD2, DD3, DD4, DD5 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 01382 | ||||
| ISO 3166-2 | sen valor | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | dundeecity.gov.uk | ||||
O burgo real de Dundee (en gaélico: Dùn Dèagh, en escocés Dundee) é a cuarta cidade por número de habitantes de Escocia, cun censo de poboación de aproximadamente 190.000 habitantes e é igualmente unha das 32 subdivisións escocesas. A cidade sitúase na costa leste, na parte norte da baía do río Tay, preto da súa desembocadura no mar do Norte.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade edificouse ao redor dun outeiro basático, chamado hoxe en día Dundee Law, de 174 m de altura. Durante a idade de ferro o lugar sobre o que actualmente asentase Dundee estivo ocupado por un asentamento picto. No seu History of the Scottish People (Historia do Pobo de Escocia), de 1527, Hector Boece suxeriu que o nome picto do lugar foi Alec-tum, que significa un lugar fermoso, nome que ata 1607, segundo William Camdem, foi utilizado xunto ao actual para referirse á cidade.
Desde 1975, a cidade é o centro administrativo da rexión de Tayside, e foi en si mesma administrada como un dos distritos da devandita rexión. Desde a abolición do sistema administrativo de dous niveis en Escocia no 1996, a cidade de Dundee, incorporando o burgo de Ferry, pasou a ser unha autoridade autónoma, converténdoa nunha das subdivisións gobernamentais locais máis pequenas de Escocia en termos de superficie.
Dundee celebrou o seu octoxésimo aniversario no 1991, e é coñecida como a Cidade do Discovery en honor ao RRS Discovery, a famosa nave de exploración antártica de Robert Falcon Scott, que foi construída na cidade.
O 5 de marzo de 2004, Dundee foi recoñecida como a Cidade do Comercio Xusto, o que significa o recoñecemento á cidade como promotora deste tipo de comercio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dundee |
- Dundee City Council
- Dundee City Council Photo Archive
- Información de Dundee
- Universidade de Dundee
- Universidade de Abertay Dundee
- Dundee College
- Colección Dundonia Arquivado 22 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
- Dialecto de Dundee Arquivado 17 de maio de 2019 en Wayback Machine.
- Hoteles en Dundee
- RRS Discovery y los Verdant Works
- Fragata Unicorn Arquivado 20 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- Catedral de St. Andrew
