Javier Chércoles Blázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Javier Chércoles Blázquez
Nacemento1964
 Caracas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Nacional de Educación a Distancia e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Javier Chércoles Blázquez nado en Caracas (Venezuela) en 1964, é un directivo do sector da moda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Dereito pola UNED e Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense.[1]

Entre 2000 e 2010 traballou para Inditex. Chércoles foi o encargado de confeccionar o Código Ético Interno de Conduta de Zara, documento que regula o funcionamento das fábricas que traballan para Inditex. Ten traballado para PwC. En 2008, Chércoles foi a Bangladesh para comprobar persoalmente a situación dunha fábrica en Dhaka, na que se sucedían abusos verbais e físicos, así como recortes de soldo. Chércoles recoñeceu que a fábrica estaba en condicións "moi pobres", pero asegurou que non había evidencia de que estivesen a fabricar para Inditex. Despois descubriu que estaba asociada a outra fábrica que si producía roupa para Zara. Os obradoiros estaban preto uns doutros, e Chércoles admitiu que era posible que transferisen parte da produción dun a outro sen a autorización nin coñecemento de Inditex. Como director de RSC decidiu profundizar nos controis laborais na cadea de produción, medidas de control coas que non estaba de acordo a dirección de Inditex. En 2010 deixou o posto cobrando 1,57 millóns de euros.[2] En 2013 en Dacca derrubouse o edificio Rana Plaza en Bangladesh, morreron 1134 traballadores. Foi contratado por Primark para pagar 14 millóns de euros ás vítimas.[3]

Recluíuse no mosteiro de Santo Domingo de Silos, durante seis meses para escribir a súa tese doutoral en inglés.[4] Dende xuño de 2013 traballa como profesor na Universidade de Dacca, Bangladesh no Institute of Disaster & Vulnerability Management Studies.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Navigating into the Spider’s Web. Developing Resilience in the Wake of an Industrial Disaster in the Bangladesh Ready Made Garment Sector (2012). Tese de doutoramento, dirixida por Alfred Vernis i Domènech. Universitat Ramon Llull.

Notas[editar | editar a fonte]