Moët & Chandon (pronuncia /moɛt‿e ʃɑ̃ˈdɔ̃/) ou Moët, é unha marca de viño escumoso francés.
Moët et Chandon foi establecido en 1743 por Claude Moët, na actualidade ten máis de 1 000 hectáreas de vides, e anualmente produce aproximadamente 26 millóns de botellas. A marca é propiedade do grupo de artigos de luxo LVMH.