Louis Vuitton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Louis Vuitton
Louis Vuitton logo and wordmark.svg
Louis Vuitton in Paris 01.jpg
Tenda de Louis Vuitton nos Campos Elisios de París.
TipoSubsidiaria
Fundación1854
MatrizLVMH
Localización22 Avenue Montaigne, París, Flag of France.svg Francia
FundadorLouis Vuitton
IndustriaMinorista
ProdutosArtigos de luxo
Número de empregados114 635 (2013)
Páxina weblouisvuitton.com

Louis Vuitton Malletier, fundada en 1854 por Louis Vuitton, é unha empresa francesa de marroquinería de luxo especializada en artigos de viaxe, que vende a través de boutiques independentes, departamentos en almacéns de alta gama e a través da súa páxina web.[1] Dende a entrada de Marc Jacobs na compañía, posúe tamén coleccións de prêt-à-porter e complementos de luxo. En 2017, a súa valoración de marca foi de 29 242 millóns de USD, o que fai que sexa a marca de luxo mais valiosa do mundo segundo a clasificación de BrandZ.​ É o principal patrocinador da Copa América. Posúe 445 tendas en 62 países.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

En 1937, aos 16 anos, Louis Vuitton múdase a París, procedente dunha pequena vila francesa situada nos límites con Suíza, buscando maiores oportunidades para traballar e sair adiante.

Por aquela época os medios de transporte mais comúns eran as carrozas tiradas por cabalos, os trens e os barcos, pero debido á rudeza de ditos transportes os obxectos das persoas sufrían constantemente avarías e danos, polo que os artesáns da madeira estaban moi requiridos para crear elementos para protexer e transportar obxectos de valor.  Foi así que ao longo de 17 anos Louis desenvolveu distintos modelos de maletas buscando un estilo único e de alta calidade, o que lle permitiu abrir a súa primera tenda propia no número 4 da Rue Neuve des Capucines, preto da Place Vendôme.

En 1859 ábrese o Atelier, que era o taller onde se facían a man os bolsos e maletas deseñadas por Louis e que ao mesmo tempo se converteu na casa da súa familia. En 1986 o fillo de Louis, Georges creou a famosa lona monogram, coa cal buscaba diferenciarse doutras marcas, a lona foi patentada ao ano seguinte e en 1905 rexístrase como marca.[3]

En 2004 a marca celebrou o seu 150 aniversario, inaugurando ese mesmo ano tendas en Nova York (na Quinta Avenida), São Paulo, Cidade de México, Cancún, Xohanesburgo e a súa primeira tenda global en Shanghai.

Campañas publicitarias[editar | editar a fonte]

A compañía busca ter seguidores famosos; modelos, músicos e actores recoñecidos a nivel mundial como Jennifer Lopez, Keith Richards, Madonna, Sean Connery, Angelina Jolie, David Bowie ou incluso o antigo líder da URSS, Mikhail Gorbachev,[4] apareceron para as súas campañas de publicidade. Os seus anuncios soen sair impresos en revistas e en valados publicitarios de cidades cosmopolitas.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Legal Notice". Louis Vuitton. 
  2. "«En Louis Vuitton no hemos notado la crisis y nunca hacemos rebajas»". ABC (en castelán). 
  3. Lopera, Esteban. "Historia de marca: Louis Vuitton". Expertos en marca (en castelán). 
  4. "Louis Vuitton Ad Shows Gorbachev Accompanied by Subversive Text". The New York Times (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]