IBEX 35

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bolsa de Madrid.

O índice IBEX 35 é o principal índice bursátil de referencia da bolsa de valores española elaborado por Bolsas y Mercados Españoles (BME). Está formado polas 35 empresas con máis liquidez que cotizan no Sistema de Interconexión Bursátil Electrónico (SIBE) nas catro bolsas españolas (Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia). É un índice ponderado por capitalización bursátil; é dicir, ó igual que índices como o S&P 500, non tódalas empresas que o forman teñen o mesmo peso.

Cálculo[editar | editar a fonte]

A fórmula empregada para o cálculo do valor do índice é:[1]

onde I(t) é o valor do índice no intre t, Cap é a capitalización bursátil do free float das compañías que integran o índice e J é un coeficiente empregado para axustar o índice para que non se vexa afectado por ampliacións de capital.

As empresas con maior capitalización bursátil teñen maior peso dentro do índice e as súas subas e baixas influirán en maior medida no movemento final do IBEX 35. Isto quere dicir que cando Banco Santander, Telefónica, BBVA, Inditex, Iberdrola e Repsol están en baixa, o IBEX 35 ten gran preocupación porque estas inflúen moito sobre o índice xeral. Por iso hai que mirar os 6 primeiros valores dos índices con moita frecuencia e moita atención.

Os criterios empregados polo CAT (Comité asesor Técnico) para a inclusión ou saída do IBEX 35 son principalmente a liquidez dos títulos, número de accións en circulación, valor de capitalización bursátil, etc.

Este comité reúnese cada 6 meses de forma ordinaria, (normalmente xuño e decembro), aínda que poden convocarse reunións extraordinarias cando as circunstancias así o requiran.

Compoñentes[editar | editar a fonte]

Na seguinte táboa, indícanse os 35 valores que compoñen o IBEX 35 a 6 de agosto de 2018 e a súa ponderación no índice a 30 de xuño de 2017:[2][3]

Ticker Empresa Sede Sector ISIN Ponderación
ANA Acciona Alcobendas Infraestrutura ES0125220311 0,65
ACX Acerinox Madrid Metalúrxica ES0132105018 0,49
ACS ACS Madrid Infraestrutura ES0167050915 1,95
AENA AENA Madrid Transporte ES0105046009 2,82
AMS Amadeus Madrid Turismo ES0109067019 4,21
MTS Arcelor Mittal Cidade de Luxemburgo Metalúrxica LU0323134006 0,74
SAB Banco Sabadell Alicante Finanzas ES0113860A34 1,83
SAN Banco Santander Santander Finanzas ES0113900J37 15,48
BKIA Bankia Valencia Finanzas ES0113307021 1,34
BKT Bankinter Madrid Finanzas ES0113679I37 1,33
BBVA Banco Bilbao Vizcaya Argentaria Bilbao Finanzas ES0113211835 8,88
CABK CaixaBank Valencia Finanzas ES0140609019 4,58
CLNX Cellnex Madrid Telecomunicacións ES0105066007 0,61
CIE CIE Automotive Bilbao Siderurxia, petroquímica ES0105630315
ENG Enagás Madrid Enerxía ES0130960018 1,07
ELE Endesa Madrid Enerxía ES0130670112 1,57
FER Ferrovial Madrid Transporte ES0118900010 2,63
GRF Grifols Barcelona Saúde ES0171996012 1,90
IAG IAG Madrid Transporte ES0177542018 2,72
IBE Iberdrola Bilbao Enerxía ES0144580Y14 7,93
ITX Inditex Arteixo Téxtil ES0148396007 11,52
IDR Indra Alcobendas Consultoría ES0118594417 0,41
COL Inmobiliaria Colonial Madrid Inmobles ES0139140174 0,41
MAP MAPFRE Majadahonda Finanzas ES0124244E34 1,04
TL5 Mediaset España Madrid Medios de comunicación ES0152503035 0,54
MEL Meliá Hotels Palma Turismo ES0176252718
MRL Merlin Properties Madrid Inmobles ES0105025003 0,95
NTGY Naturgy Madrid Enerxía ES0116870314 2,25
REE R.E.C. Alcobendas Enerxía ES0173093115 1,81
REP Repsol Madrid Enerxía ES0173516115 3,67
SGRE Siemens Gamesa Zamudio Enerxía ES0143416115 1,40
TRE Técnicas Reunidas Madrid Enerxía ES0178165017 0,35
TEF Telefónica Madrid Telecomunicacións ES0178430E18 8,34
VIS Viscofan Tajonar Alimentos ES0184262212 0,44

Filiais[editar | editar a fonte]

As seguintes empresas que forman parte do índice son empresas filiais:

Empresa Matriz
Criteria La Caixa
Banesto Banco Santander
Iberdrola Renovables Iberdrola

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sociedad de Bolsas, S.A. (marzo de 2014). "Normas Técnicas para la Composición y Cálculo de los Índices de Sociedad de Bolsas, S.A." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2014. Consultado o 15 de maio de 2014. 
  2. IBEX 35®
  3. Ponderación e Valores do Ibex 35 ó peche da sesión de 30-06-2017.