Pull and Bear

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°31′49.84″N 08°12′7.86″O / 43.5305111, -8.2021833

Pull&Bear
Pull&Bear logo.svg
Sede pull and bear naron, río do pozo.jpg
Sede e centro loxístico de Pull&Bear en Río do Pozo, Narón
TipoSociedade Anónima
Fundación14 de novembro de 1986 (36 anos)[1] (oficialmente 1991)
MatrizInditex
LocalizaciónAv. Gonzalo Navarro 37-43. Polígono Río do Pozo, 15573 Narón (A Coruña) Galicia Galicia
FundadorAmancio Ortega Gaona
Persoas claveJosé Pablo del Bado Rivas (Presidente)
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa e complementos
Beneficio1.747 millóns de euros (2017)[2]
Número de empregados3.000
Na rede
https://www.pullandbear.com/, https://www.pullandbear.com/ru/, https://www.pullandbear.com/de/, https://www.pullandbear.com/es/ e https://www.pullandbear.com/gr/
Facebook: pullandbear Twitter: pullandbear Instagram: pullandbear LinkedIn: pull&bear Youtube: UCyQHV7vXT4ZIA4qf5NNcG3w Pinterest: pullbear Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pull and Bear ou Pull&Bear (pronuncia inglesa: /pʊl ən ˈbɛər/; pronuncia galega: /pul am ˈbear/; en galego: tirar e levar) é unha cadea de tendas de roupa e complementos que está englobada no grupo INDITEX, as súas oficinas centrais e o seu centro loxístico atópanse no polígono de Río do Pozo, no concello de Narón.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigo logotipo de Pull and Bear.

A cadea naceu en 1991, debido á diversificación de obxectivo comercial de Inditex, que neses momentos só contaba coas tendas Zara. A cadea está dirixida a un público mozo e informal a prezos accesibles.

Un ano despois da súa creación e seguindo coa política comercial do grupo levada anteriormente con Zara, Pull and Bear abre a súa primeira tenda fóra de España: inaugurouse en Portugal. Dende ese momento a compañía non parou de medrar ata chegar en 2012 ás 440 tendas en 24 países: Malta, Israel, Irlanda, Chipre, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Kuwait, Xordania, Líbano, Bahrain, Andorra,Polonia, Eslovaquia, Rusia, Serbia, Romanía, O Salvador e Guatemala, sendo algunhas das tendas destes países franquías mentres en España, Portugal, Grecia, Venezuela e México son de propiedade e non existe opción a abrir unha tenda franquiciada.

Tendas e franquías de P&B.

No 1998 ampliou as súas liñas de roupa con XDYE, unha marca de carácter máis urbano e moderno co que conseguiu un grande éxito[Cómpre referencia] e introducindo por primeira vez coleccións para muller. Tres anos despois apareceu Sickonineteen.

En 2003 Christian Dior levou aos tribunais de Ferrol a Pull & Bear acusándoa de plaxiar un dos seus bolsos. O caso foi arquivado[3]. Pull&Bear chegou a un acordo coa empresa británica Asos para iniciar a principios de 2014 a venda dos seus produtos na súa plataforma online.[4]

Tendas[editar | editar a fonte]

Tenda de P&B en Ámsterdam.
Tendas Pull & Bear
Total España España Unión Europea Unión Europea
970[5] 278[Cómpre referencia] 599[Cómpre referencia]

A finais de 2012 Pull&Bear tiña 816 tendas. En outubro de 2013 Inditex anunciou a ampliación das instalacións de Pull and Bear en Río do Pozo coa construción dun novo edificio para os departamentos creativos e de xestión da marca. O edificio ten 15.000 metros cadrados en dúas plantas e custou 20 millóns de euros, sumando así 70.000 metros.[6]

En 2016 iniciou o patrocinio deportivo co Pantín Classic e Marc Márquez.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]