Grupo Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°17′34″N 8°22′20″O / 43.29278, -8.37213

Grupo Caamaño

Sede de Caamaño en Alvedro, Culleredo.
TipoSociedade Limitada
Fundaciónanos 1980
MatrizGrupo Caamaño
LocalizaciónRúa San Fernando, 44 - A, CP: 15180 Culleredo
FundadorJosé Caamaño e Emilio Mahía
IndustriaMetal
Beneficio194 milllóns de € (en 2016, en todo o grupo)[1]
Número de empregados1000[2]
editar datos en Wikidata ]

Grupo Caamaño é unha empresa galega con sede no concello de Culleredo adicada ao sector da transformación do metal, carpintaría metálica e vidro para fachadas.

Historia[editar | editar a fonte]

A empresa ten as súas orixes nos anos 80, cando foi fundada por José Caamaño e Emilio Mahía.[3][4] Comezou a traballar para Inditex e as súas marcas facendo instalacións en tendas e centros comerciais como contratista de GOA Invest. Actualmente a empresa ten unha superficie de 60.791 metros cadrados preto da N-550 e do Aeroporto de Alvedro e conta con filiales en varios países, facturando máis de 200 millóns de euros ao ano.[5]

En 2019 o grupo vasco Kider converteuse no accionista maioritario do grupo.[3][6]

Empresas do grupo[editar | editar a fonte]

Co tempo a empresa foi expandindo o seu mercado e agora forman parte dela empresas adicadas a distintos sectores relacionados coa construción e non só traballando para Inditex, en total máis de 50 empresas.[7]

  • Caamaño sistemas metálicos
  • Neograf Alvedro
  • Sistemas y construcciones Alvedro
  • Metales y muebles especiales
  • Metalvedro
  • Ventanales Caamaño
  • Vidrios Caamaño
  • Hydracorte
  • Blanco Mayer
  • Almacenes y espacios industriales
  • Valmarcasa
  • Caamaño Asia
  • Caamaño Russia
  • Caamaño CZ International

Notas[editar | editar a fonte]