Saltar ao contido

Paíño europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paíño europeo
Hydrobates pelagicus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
H. pelagicus Editar o valor en Wikidata
Características
 Ciclo diurno
Taxonomía
 Subdivisións
P. p. pelagicus (Linnaeus, 1758)
P. p. melitensis (Schembri, 1843)
 Sinonimia
Procellaria pelagica Linnaeus, 1758
Localización
 Área de distribución
Distribución
Conservación
Especie pouco preocupante
Cifras e dimensións
Envergadura38 cm Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeProcellariiformes
FamiliaHydrobatidae
XéneroHydrobates
EspecieHydrobates pelagicus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Hydrobates pelagicus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01j06p Editar o valor en Wikidata
ITIS174663 Editar o valor en Wikidata
OTT656589 Editar o valor en Wikidata
UICN22698477 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O paíño europeo,[1][2] paíño pequeno ou paíño do mal tempo (Hydrobates pelagicus) é unha ave mariña de pequeno tamaño da orde zoolóxica das Procellariiformes. Son aves que pasan case toda a súa vida en mar aberto, regresando a terra só para reproducirse.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Paíño europeo.

É unha das aves mariñas máis pequenas, de só 27 gramos de peso, uns 17 cm de longo e unha envergadura de ás de aproximadamente 37 cm. Recorda as andoriñas, polas súas ás estreitas e afiadas e a coloración escura, coa parte baixa do lombo branca, pero distínguese facilmente pola estrutura do bico e a presenza de membranas natatorias. Os paíños patican en voo sobre a superficie da auga mentres apañan o plancto do que se alimentan.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Fóra da estación reprodutora son aves peláxicas o que, xunto co feito de reproducírense en áreas remotas, fai que non sexa habitual velos dende terra firme. Só aparecen ocasionalmente nas costas empurrados polas tormentas. Vese, porén, conunmente dende os barcos. Crían en colonias preto do mar en illas inaccesibles do Atlántico e o Mediterráneo. A súa colonia de cría meirande está na illa de Nólsoy, no arquipélago das Feroe e, en cantidades menores, noutras illas; outras colonias importantes áchanse no oeste de Irlanda e o noroeste de Escocia. A súa área de distribución principal está comprendida entre Islandia, as illas Lofoten e Escocia. Áchanse tamén na litoral galego e cantábrico. En Galiza está catalogada como rara e vulnerable. Pasan o inverno nas augas do sur de África.

Conduta e reprodución

[editar | editar a fonte]

A fonte de alimentación básica dos paíños é o plancto e algúns peixiños e pequenas luras.

Ovo de paíño europeo

Os primeiros exemplares voltos de Suráfrica comezan a chegar ás illas Feroe para reproducirse a finais de maio. Nas zonas de cría son aves exclusivamente nocturnas, para evitar os ataques das gaivotas e as palleiras ou papamerdas, e mesmo evitan achegarse a terra en noites de luar. Camiñan con moitas dificultades, polo que, de feito, só dan algúns pasos na zona do niño, que fan en sucos ou fendas das pedras. Entre xullo e agosto poñen un ovo só, duns 7 gramos de peso e cor branca, que chocan uns 40 días. Os polos son alimentados polos pais ó redor de 50 días, ata que teñen un sobrepeso notable, momento en que son abandonados. En 8 a 12 semanas os paíños xoves perden peso dabondo para poderen voar e comezar a longa viaxe migratoria a Suráfrica, da que non regresan ata que teñen dous anos de idade. Comezan a reproducirse cando teñen tres ou catro anos.

Inimigos naturais

[editar | editar a fonte]

O peor inimigo dos paíños son as ratas, que atacan niños e polos. Evitan os ataques de aves -coma a gaivota arxéntea (Larus argentatus) ou a palleira parasita (Stercorarius parasiticus), que devoran mesmo aves adultas- levando unha vida nocturna cando crían. Os gatos domésticos supoñen tamén nalgunhas rexións un perigo para os paiños reprodutores e as crías.

Perante unha molestia os paíños reaccionan cuspindo aceite que almacenan no aparato dixestivo.

O paíño nas crenzas populares

[editar | editar a fonte]

Os mariñeiros tiñan ó paíño por unha ave de mal agoiro e crían que a súa presenza causaba tormentas. Nalgunhas rexións existiu o mito de que os paíños eran as almas de mariñeiros afogados.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para paíño.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]