Buño, Malpica de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buño
Porteadoras de Buño.jpg
Mulleres carretando os traballos dos oleiros (c. 1915).
Concello Malpica de Bergantiños
Poboación 557 hab. (2013)
Entidades de poboación 8

Santo Estevo de Buño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 557 habitantes (288 mulleres e 269 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 712 habitantes.

Economía[editar | editar a fonte]

A parroquia é internacionalmente coñecida pola súa cerámica. No Centro Comarcal Bergantiños recóllense exposicións variadas sobre a comarca, ademais de ofrecer información turística os eventos, lugares emblemáticos e de interese da zona. Neste centro atópase localizado o Museo Alfar, con exposicións sobre a olaría e os oleiros de Buño.

Cultura[editar | editar a fonte]

Festas[editar | editar a fonte]

O sábado seguinte ó mércores de cinza celébrase a festa da Mikaela para conmemorar o final do Entroido. A Mikaela é unha boneca de gran tamaño e atributos femininos deliberadamente esaxerados, feita á man pola veciñanza. Despois de xantar é tranportada por unha comitiva masculina na que participan tódolos homes do lugar, que vai desde o Campo de Cantalarrana ate o Campo da Culpa, percorrendo así todo o lugar. A comitiva vai parando en tódalas casas pedindo filloas e viño mentres fan bromas e chistes. Chegados ó destino, a Mikaela é queimada, poñendo así fin ó entroido. A festa continúa ate ben entrada a madrugada.

Na actualidade a Mikaela é transportada sobre un tractor e, na comitiva, participan mulleres sempre que vaian vestidas de xeito masculino. Asemade, no canto de parar nas casas, van parando nos bares.[1][2]

Buño na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Anque che somos de Buño/ e nin todos somos oleiros,/ tamén as xentes de Noia/ nin todos son zapateiros [3].
  • Inda que somos de Buño/ non somos todos oleiros;/ tamén na terra de Noia/ non son todos zapateiros [4].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Buño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Buño no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Buño | Buño da Costa | Os Mouróns | Rúa Nova | O Rueiro | Santa Catalina | Santa Filomena | A Xaviña

Parroquias de Malpica de Bergantiños[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Malpica de Bergantiños

Barizo (San Pedro) | Buño (Santo Estevo) | Cambre (San Martiño) | Cerqueda (San Cristovo) | Leiloio (Santa María) | Malpica de Bergantiños (San Xulián) | Mens (Santiago) | Vilanova de Santiso (San Tirso)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Círculo Internacional de Amigos de los Gigantes (en castelán)
  2. Vídeo en YouTube.
  3. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 215.
  4. Gran Enciclopedia Galega: s.v. artesanía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]