Barizo, Malpica de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barizo
Punta Nariga, Malpica de Bergantiños, Galiza.jpg
Punta Nariga
Concello Malpica de Bergantiños
Poboación 331 hab. (2004)
Entidades de poboación 19

San Pedro de Barizo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Malpica de Bergantiños, na costa da Morte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 331 habitantes (169 homes e 162 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando contaba con 327 habitantes. Fernando Cabeza Quiles opina que Barizo debería escribirse con v, de acordo coa orixe deste topónimo, que, segundo o devandito lingüista, alude á antiga existencia no lugar dun piñeiro varizo ou variço, isto é, dun piñeiro novo alto e delgado.

Destacan varios núcleos de poboación ou lugares: O Campelo, O Quinteiro, O Pividal, Seiruga e Bareango, este ultimo máis afastado do resto. Ten ademais o porto pesqueiro dos Loureiros, que contaba cunha singular poboación de casetas mariñeiras onde a xente do mar gardaba aparellos de pesca e outras cousas, ampliado nos anos noventa. A antiga rampla foi substituída por un pequeno dique de atraque, hoxe en día segue sendo usado polos mariñeiros e polos percebeiros que traballan nas illas Sisargas.

Conta con catro praias. Está atravesada polo río de Vaa e os regatos de San Pedro e das Moas. Conta tamén con furnas mariñas, pichos de auga, e restos castrexos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Barizo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Barizo no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña)

A Area Pequena | Bareango | O Campelo | A Casa Grande | O Castro | A Costa | Esteiro | As Garzas | Os Macicos | A Pedreira | O Pibidal | O Picho | O Porto de Barizo | O Quinteiro | O Relanzo | Seiruga | Socampelo | Sorealto | Os Vilares

Parroquias de Malpica de Bergantiños[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Malpica de Bergantiños

Barizo (San Pedro) | Buño (Santo Estevo) | Cambre (San Martiño) | Cerqueda (San Cristovo) | Leiloio (Santa María) | Malpica de Bergantiños (San Xulián) | Mens (Santiago) | Vilanova de Santiso (San Tirso)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]