Arao dos cons
| Arao dos cons | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Uria aalge Erik Pontoppidan 1763 | |||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||||
|
Nome curto
| |||||||||||||
|
Sinonimia
Colymbus aalge Pontoppidan, 1763 | |||||||||||||
| Conservación | |||||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||||
| Distribución | |||||||||||||
|
Área de distribución
| |||||||||||||
| Dimensións | |||||||||||||
|
Masa
108 g peso de nacemento | |||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||||
| Clase | Aves | ||||||||||||
| Orde | Charadriiformes | ||||||||||||
| Familia | Alcidae | ||||||||||||
| Xénero | Uria | ||||||||||||
| Especie | U. aalge | ||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||

O arao (do francés antigo hairon)[1] dos cons ou aro[2][3] (Uria aalge) é unha ave costeira da familia Alcidae. Xunto co garrucho, domina as colonias mariñas dos cantís na tempada do verán. O arao nada fronte a costa en grandes masas baixo os cantís. Fronte aos farallóns adoita verse voando baixo e rápido.
No inverno, aparecen en terra só durante ou despois dos vendavais.
Descrición
[editar | editar a fonte]
Os exemplares adultos acadan os 38–46 cm de altura e 61–73 cm de envergadura, de plumaxe negra co peito e ventre brancos, co peteiro en forma de puñal, algúns exemplares presentan unha lixeira liña ocular branca.
Distribución
[editar | editar a fonte]O seu hábitat son as illas, cons e cantís das costas do Atlántico norte (chegando polo sur ata Novo Brunswick e Portugal) e Pacífico norte (chegando polo sur ata California), cría formando grandes colonias e deixan os seus ovos nas rochas espidas, teñen forma piriforme para que, de sufriren un golpe rolen en círculo e non sobre o seu eixo. Algúns residen permanentemente, os situados máis ao norte migran ao sur, aliméntanse principalmente de peixe, compleméntandoo con crustáceos, vermes mariños e luras.
Poboación en Galiza
[editar | editar a fonte]
A poboación galega estímase entre 3 e 12 parellas reprodutoras: Sisargas, 3 parellas e Cabo Vilán, de difícil censo, 9 parellas en 1991. Como ave de paso é moi escasa, con observacións en xeral de individuos illados, algunhas veces en parellas ou en grupos de tres ou máis.
Calcúlase que nos anos 60 a poboación galega sería dunhas 1.500 ou 2.000 parellas, repartidas en nove colonias: Estaca de Bares, Aguillóns, Punta do Limo (Cabo Ortegal), A Gabeira (Veigue), Illas Sisargas e Cabo Vilán, todas elas na provincia da Coruña, xunto ás de Ons, Costa da Vela e Illas Cíes na provincia de Pontevedra. Durante a década dos 70 comezaron a minguar tódalas colonias, desaparecendo algunha como a de Cabo Ortegal que chegou a ter unhas 1.000 parellas, quedando outras moi reducidas (Sisargas, 32 individuos, e Cíes, 6 parellas). A mesma tendencia produciuse na colonia portuguesa da Illa Berlenga.
En 1986 había 43 parellas e en 1998 só quedaban 7, as causas da situación precaria do arao dos cons son a caza e colleita de ovos polos humanos, algunhas artes de pesca que fan que as aves queden enganchadas nas redes e a contaminación por produtos petroleiros. Desde 2002, polo desastre do Prestige a situación do arao dos cons foi a peor, o mesmo que do arao papagaio e arao romeiro.[4][5]

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arao". DIGALEGO. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2016. Consultado o 20 de abril do 2016.
- ↑ M. do Carme Ríos Panisse (1983): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago [1]
- ↑ Arao (Uria aalge). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
- ↑ "Inventario do arao común (en castelán)" (PDF). Ministerio para a Transición Ecolóxica. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29-12-2021. Consultado o 29-12-2021.
- ↑ "A morte negra, máis de 100.000 aves atrapadas no chapapote". Galicia Ciencia. Consultado o 29-12-2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arao dos cons |
