Ponte de Lima
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Viana do Castelo | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 43.498 (2011) (135,83 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 320,25 km² | |||
Bañado por | Río Limia | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1125 | |||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 4990 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | cm-pontedelima.pt |
Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.
É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Paredes de Coura, ao leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, ao sueste con Vila Verde, ao sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e ao noroeste con Vila Nova de Cerveira.
Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos. Recibiu Carta foral de Dona Tareixa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal.[1] É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano.[2] Destaca polos seus xardíns.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.
Historia
[editar | editar a fonte]A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Tareixa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte. Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.
A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio. Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.
A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar. Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.
Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual.
Freguesías
[editar | editar a fonte]- Anais
- Arca
- Arcos
- Arcozelo
- Ardegão
- Bárrio
- Beiral do Lima
- Bertiandos
- Boalhosa
- Brandara
- Cabaços
- Cabração
- Calheiros
- Calvelo
- Cepões
- Correlhã
- Estorãos
- Facha
- Feitosa
- Fojo Lobal
- Fontão
- Fornelos
- Freixo
- Friastelas
- Gaifar
- Gandra
- Gemieira
- Gondufe
- Labruja
- Labrujó
- Mato
- Moreira do Lima
- Navió
- Poiares
- Ponte de Lima
- Queijada
- Refóios do Lima
- Rendufe
- Ribeira
- Sá
- Sandiães
- Santa Comba
- Santa Cruz do Lima
- Santa Maria de Rebordões
- Seara
- Serdedelo
- Souto de Rebordões
- Vilar das Almas
- Vilar do Monte
- Vitorino das Donas
- Vitorino dos Piães
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Isto é, todas as localidades con foro máis antigo que o de Ponte de Lima, ou perderon ese estado (sendo levadas ó estado de aldea ou lugar), ou pasaron ó estado de cidade.
- ↑ "Limiano - A marca". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte de Lima |