Saltar ao contido

Gonzalo Fernández Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGonzalo Fernández Álvarez
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1987 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Oia Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Gonzalo Fernández Álvarez, máis coñecido como Gonza, nado en Oia o 31 de agosto de 1987, é un adestrador de fútbol galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou as súas andanzas compaxinando o seu tempo na canteira celeste co cargo de adestrador da ED Val Miñor de Nigrán, que acabou abandonando para dedicarse en exclusiva aos cativos do Celta. No ano 2018 Gonza recadou no Choco, onde disputara a maioría da súa vida coma xogador ata a súa lesión na Copa Deputación e retirada. Na canteira celeste Gonza compartiu vestiario con Mateo Míguez, a quen adestraría no seu paso polo Coruxo.

Coma adestrador Gonza destacou durante o seu tempo á fronte do CD Choco durante tres tempadas, xunto co seu segundo o tamén canteirán do celta Oscar Pérez.[1] O equipo xogou o playoff de ascenso a Segunda RFEF na tempada 2020/2021, perdendo na primeira eliminatoria por un 1-0 coa UD Somozas.[2] Gonza deixou os de Redondela polo Coruxo Fútbol Club na seguinte tempada co obxectivo de loitar pola promoción a Primeira RFEF, mais deixou o equipo logo de trece xornadas marcando o comezo dunha tempada gris no Vao.[3] Fichou entón polo Wuhan chinés, co equipo sub 18.

Regresou á Terceira RFEF co Alondras CF na tempada 2023/2024.[4]Alí recuperou as boas sensacións no fútbol galego co seu estilo ofensivo, cunha gran primeira volta na súa chegada. Se ben durante moitos momentos o equipo estivo en posicións de playoff, rematou a tempada con 44 puntos. Na tempada 2024/2025 mellorou o rendemento a pesar da multitude de lesións, rematando con 52 puntos a tres tanto do Arousa coma do Noia que acabaron marcando o playoff. A pesar dunha oferta de renovación Gonza escolleu os arlequíns de Arousa na tempada 2025/2026 coa ilusión de xogar o playoff unha vez máis.[5][6]

  1. "El Técnico Gonzalo Fernández, nuevo entrenador del CD Choco". [] (en castelán). 8 de xullo 2018. Consultado o 24 de Marzo de 2024.
  2. "A eliminatoria aprazada entre o Somozas e o Choco xogarase o mércores". La Voz de Galicia. 6 de xuño 2021. Consultado o 24 de Marzo de 2024.
  3. "O Coruxo recorre á substitución no banco para endereitar o rumbo". La Voz de Galicia. 2 de decembro 2021. Consultado o 24 de Marzo de 2024.
  4. "El Alondras ficha a Gonzalo Fernández". Faro de Vigo. 14 de xuño 2023. Consultado o 24 de Marzo de 2024.
  5. "El Alondras, pendiente de Gonzalo Fernández". Faro de Vigo (en castelán). 31 de maio 2025. Consultado o 26 de xaneiro de 2026.
  6. "Gonza asume o banco do Arousa "con moitísima ilusión"". Pontevedra Viva. 10 de xuño 2025. Consultado o 26 de xaneiro de 2026.