Saltar ao contido

Liga de Campións da CAF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da CAF
Imaxe
Nome oficialAfrican Cup of Champions Clubs (1964–1997)
CAF Champions League (1997–) Editar o valor en Wikidata
Tipocopa internacional de clubs de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorConfédération Africaine de Football Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorTotalEnergies Editar o valor en Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1964 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaxaneiroEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosAl-Ahly Sporting Club (11)
Primeiro gañadorOryx Douala (pt) Traducir, 1965 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialcafonline.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: CAFCLCC Twitter: CAFCLCC Instagram: cafclcc Editar o valor en Wikidata

A Liga de Campións da CAF é a máxima competición continental de fútbol a nivel de clubs en África. O torneo é organizado pola CAF dende 1964, e o campión de cada edición acada o dereito a disputar a Copa Mundial de Clubs da FIFA. O actual campión é o equipo exipcio do Al-Ahly, que tamén é o equipo máis laureado do torneo, con 7 títulos.

A competición ten 6 roldas, que teñen lugar entre xaneiro e novembro:

Rolda preliminar

Nesta rolda enfróntanse os equipos con peor clasificación nunha eliminatoria a ida e volta. O número de equipos que disputan esta rolda varía dun ano a outro. Os gañadores clasifícanse para a Primeira Rolda.

Primeira rolda

Esta rolda é a de dezaseisavos de final, e nela enfróntanse 32 equipos nunha eliminatoria a ida e volta. Os gañadores clasifícanse para a Segunda Rolda.

Segunda rolda

Nestes oitavos de final enfróntanse de novo a ida e volta os 16 gañadores da anterior eliminatoria. Os 8 equipos que superan esta rolda clasifícanse para a Fase de Grupos.

Fase de grupos

Os 8 equipos que superan a 2ª rolda divídense en 2 grupos. Cada grupo está formado por 4 equipos que disputan unha liga de 6 xornadas, na que cada equipo xoga fronte ós outros 3 equipos na casa e fora da casa. Os 2 mellores equipos de cada grupo clasifícanse para as Semifinais.

Semifinais

As semifinais consisten nunha eliminatoria a ida e volta na que o primeiro equipo de cada grupo enfróntase co segundo equipo do outro grupo. Os gañadores desta eliminatoria son os finalistas.

Final

A final da Liga de Campións da CAF é a dobre encontro, de xeito que o equipo local no encontro de volta sexa o mellor dos dous na fase de grupos.

Posto acadado Recompensas económicas
Para os Clubs Para as Federacións
Campión1 425 000 $75 000 $
Finalista950 000 $50 000 $
Semifinalistas665 000 $35 000 $
3º de grupo475 000 $25 000 $
4º de grupo380 000 $20 000 $

Palmarés

[editar | editar a fonte]
FINAL 2013
Data Ida2 de novembro
Data Volta10 de novembro
CampiónAl-Ahly
FinalistaOrlando Pirates
Resultado1-1 e 2-0
Finais da Liga de Campións da CAF
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2013Exipto Al-Ahly1-1 e 2-0 Orlando Pirates FC
2012Exipto Al-Ahly1-1 e 2-1Tunisia Espérance ST
2011Tunisia Espérance ST0-0 e 1-0 Wydad AC
2010 TP Mazembe5-0 e 1-1Tunisia Espérance ST
2009 TP Mazembe2-1 e 1-0Nixeria Heartland FC
2008Exipto Al-Ahly2-0 e 2-2 Cotonsport G
2007Tunisia Étoile du Sahel0-0 e 3-1Exipto Al-Ahly
2006Exipto Al-Ahly1-1 e 1-0Tunisia CS Sfaxien
2005Exipto Al-Ahly0-0 e 3-0Tunisia Étoile du Sahel
2004Nixeria Enyimba FC1-2 e 2-1 (Pen.)Tunisia Étoile du Sahel
2003Nixeria Enyimba FC2-0 e 0-1Exipto Ismaily SC
2002Exipto Zamalek SC0-0 e 1-0 Raja CA
2001Exipto Al-Ahly1-1 e 3-0 Mamelodi Sundowns
2000 Hearts of Oak2-1 e 3-1Tunisia Espérance ST
1999 Raja CA0-0 e 0-0 (Pen.)Tunisia Espérance ST
1998Costa do Marfil ASEC Mimosas4-2 e 0-0Zimbabwe Dynamos FC
1997 Raja CA0-1 e 1-0 (Pen.) Obuasi Goldfields
1996Exipto Zamalek SC1-2 e 2-1 (Pen.)Nixeria Shooting Stars
1995 Orlando Pirates FC2-2 e 1-0Costa do Marfil ASEC Mimosas
1994Tunisia Espérance ST0-0 e 3-1Exipto Zamalek SC
1993Exipto Zamalek SC0-0 e 0-0 (Pen.) Asante Kotoko FC
1992 Wydad AC2-0 e 0-0 Al-Hilal
1991Tunisia Club Africain6-2 e 1-1 Villa SC
1990Alxeria JS Kabylie1-0 e 0-1 (Pen.) Nkana FC
1989 Raja CA1-0 e 0-1 (Pen.)Alxeria MC Oran
1988Alxeria ES Sétif0-1 e 4-0Nixeria Heartland FC
1987Exipto Al-Ahly0-0 e 0-2 Al-Hilal
1986Exipto Zamalek SC2-0 e 0-2 (Pen.)Costa do Marfil Africa Sports
1985 FAR Rabat5-2 e 1-1 AS Dragons
1984Exipto Zamalek SC2-0 e 1-0Nixeria Shooting Stars
1983 Asante Kotoko FC0-0 e 1-0Exipto Al-Ahly
1982Exipto Al-Ahly3-0 e 1-1 Asante Kotoko FC
1981Alxeria JS Kabylie4-0 e 1-0 AS Vita Club
1980 Canon Yaoundé2-2 e 3-0 AS Dragons
1979 Union Douala1-0 e 0-1 (Pen.) Hearts of Oak
1978 Canon Yaoundé0-0 e 2-0 Hafia FC
1977 Hafia FC3-2 e 1-0 Hearts of Oak
1976Alxeria MC Alger0-3 e 3-0 (Pen.) Hafia FC
1975 Hafia FC1-0 e 2-1Nixeria Enugu Rangers
1974Congo CARA Brazzaville4-2 e 2-1Exipto Ghazl El-Mahalla
1973 AS Vita Club2-4 e 3-0 Asante Kotoko FC
1972 Hafia FC4-2 e 3-2 Simba FC
1971 Canon Yaoundé0-3, 2-0 e 1-0 Asante Kotoko FC
1970 Asante Kotoko FC2-2 e 3-1 TP Mazembe
1969Exipto Ismaily SC2-2 e 3-1 TP Mazembe
1968 TP Mazembe1-1 e 2-2 Étoile Filante
1967 TP Mazembe1-1 e 2-2 Asante Kotoko FC
1966Costa do Marfil Stade d'Abidjan1-3 e 4-1 AS Real Bamako
1964 Oryx Douala2-1 Stade Malien

Os equipos exipcios Al-Ahly e Zamalek SC son os clubs máis laureaddos de África, con 8 e 5 títulos continentais. Séguelles o club congolés TP Mazembe con 4 títulos. Os campionatos nacionais de liga de Exipto, Camerún, Marrocos, Alxeria e Tunicia teñen 3 equipos campións cada un.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]