Narcotráfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cartel de Cali en 2003. Segundo as autoridades estadounidenses.

O narcotráfico é unha actividade ilegal e globalizada que radica no cultivo, fabricación, distribución, venda, control de mercados, consumo e reciclaxe de utilidades inherentes á droga de procedencia ilegal. Non obstante, dito concepto de ilegalidade pode variar dependendo da normativa dalgúns países ou organizacións internacionais, que poden determinar de maneira estrita a prohibición da produción, transporte, venda e consumo dalgúns estupefacientes ou de igual modo poden permitila.

O narcotráfico opera de maneira similar a outros mercados subterráneos. Varios cárteles de drogas especialízanse en procesos separados ao largo da cadea de subministro, a miúdo focalizados para maximizar a súa eficiencia. Dependendo da rendibilidade de cada parte do proceso, os cárteles varían en tamaño, consistencia e organización. A cadea vai dende os traficantes da rúa de baixo rango, os cales ás veces son consumidores de drogas eles mesmos, tamén chamados "camellos", ós xefes dos cárteles que controlan e dominan a produción e distribución. Estes son os que, xunto ós intermediarios financeiros que lles axudan a "potabilizar o diñeiro conseguido" ou "lavar os activos de procedencia ilegal", dominan o baixo mundo das drogas.

Os imperios multinacionais do narcotráfico loitan polo control do mercado global e a obtención de beneficios económicos que garantan a estabilidade das súas organizacións, valéndose para isto de: subornos a persoal xudicial ou de pequenas entidades privadas de seguridade, contratación de pequenas unidades distribuidoras, contratación de bandas criminais ou suxeitos armados (sicarios) que manipulen o mercado a pequena escala e realicen varias actividades a prol das organizacións (homicidio de líderes políticos, entre outros), se encarguen da seguridade dos cultivos e puntos de distribución do material ilícito.

Os imperios multinacionais do narcotráfico desenvolven consecuencias problemáticas para a sociedade, principalmente asociadas ós fenómenos de corrupción das estruturas políticas e xudiciais das nacións, control dos medios de comunicación, lavado de activos, violencia, terrorismo e drogadicción.

Produción[editar | editar a fonte]

A maior parte das substancias estupefacientes producidas no mundo cultivase en países de Sudamérica, Sueste Asiático e Oriente Medio, e despois introdúcese de contrabando nos países consumidores. Tradicionalmente, Estados Unidos e Europa tenderon a impoñer políticas restritivas de «tolerancia cero» aos países produtores. Porén, os cultivos de Coca ou cannabis son indispensables para a fabricación de alimentos [Cómpre referencia], bebidas e medicamentos en todo o mundo, e un sostén económico para as rexións produtoras. Por outro lado, o consumo de substancias psicotrópicas tales como o dietilamida del ácido lisérgico (LSD), vai en diminución; as anfetaminas e outras substancias psicotrópicas de deseño e composición sintética ou semisintética, como o "éxtasis" (MDMA), son producidas en laboratorios, principalmente en países desenvolvidos, e están substituíndo ás drogas tradicionais como a cocaína.

As orixes[editar | editar a fonte]

En xurisdicións onde a lexislación restrinxe ou prohíbe a venda de certas substancias psicoactivas, é común que se desenvolva un mercado ilegal. Por exemplo, o Congreso dos Estados Unidos identificou varias substancias controladas.

A maioría das nacións considera o tráfico de droga un problema moi serio. No 1989, os Estados Unidos interviron en Panamá co "pretexto" de romper o comercio da droga. O goberno da India realizou operacións encubertas no Medio Este e o subcontinente indio para seguir o rastro de varios narcotraficantes. Algunhas estimacións do comercio global puxeron o valor das drogas ilegais ao redor de 400 mil millóns de US$ no ano 2000 [Cómpre referencia]; que, sumado ao mesmo tempo ao valor do comercio global de drogas legais, corresponde a unha cantidade superior ao diñeiro gastado para a comida no mesmo período. No 2005 o "United Nations World Drug Report" estimou o valor do mercado de droga ilícito global no ano 2003 en 13 mil millóns de US$ a nivel de produción, 94 mil millóns de US$ ao nivel de prezo de maioreo, e 322 mil millóns de US$ baseado nos prezos do menudeo.

A historia[editar | editar a fonte]

Nalgúns países, o tráfico ilícito de substancias psicoactivas foi motivo de formación e fortalecemento de grupos armados ao marxe da lei, corrupción estatal, desprazamento forzado de poboación, deterioración de rexións rurais, entre outras consecuencias.

A Primeira Guerra do Opio foi un esforzo por obrigar a China a permitir aos comerciantes británicos comerciar co opio entre a poboación xeral de China. Aínda que era ilegal por decreto imperial, fumar opio era común no século XIX e críase que curaba moitos problemas de saúde. Os chinos levaron o opio a México entrando polo porto de Mazatlán, rapidamente déronse conta que as condicións climáticas de Sinaloa permitían o bo cultivo desta planta; así foi como iniciaron as primeiras rutas do narcotráfico cara os Estados Unidos polo territorio mexicano onde nazis alemáns descubriron ditos camiños de tráfico de drogas dos chinos.[1]

O comercio ilegal de drogas legais[editar | editar a fonte]

As drogas legais como o tabaco e o alcohol poden converterse en mercancía de contrabando e comercio ilegal se a diferencia do prezo entre a orixe e o destino é o suficientemente alta para facelo lucrativo. Cos impostos no tabaco, (moito máis altos no Reino Unido que no resto de Europa) este é un problema considerable no Reino Unido. Tamén soe ser ilegal vender ou proporcionar tabaco ou alcohol a menores, o cal é considerado como contrabando na maioría dos países.

O narcotráfico na cultura[editar | editar a fonte]

O narcotráfico deu pé a numerosas obras literarias, como as novelas Todo é silencio (Manuel Rivas, 2010) A guerra do tabaco e Narcos (Carlos G. Reigosa), ou La reina del Sur (Arturo Pérez-Reverte).

No audiovisual, produciuse a película Heroína, dirixida por Gerardo Herrero sobre o nacemento do movemento Érguete de loita contra a droga e o narcotráfico en Galicia. A serie de televisión Matalobos xira arredor do mundo do narcotráfico nunha vila ficticia próxima á Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Los nazis en México Cedillo, Juan Alberto; Los Nazis en México, México DF. Decembro de 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]