Álvaro Arzú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Álvaro Arzú Irigoyen")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Álvaro Arzú
Álvaro Arzú 2017 (cropped-b).jpg
Nacemento14 de marzo de 1946
 Cidade de Guatemala
Falecemento27 de abril de 2018
 Cidade de Guatemala
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeGuatemala
Alma máterRafael Landívar University
Ocupaciónemprendedor e político
CónxuxePatricia de Arzú
PremiosPremio Félix Houphouët-Boigny e Medalla de Ouro de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Álvaro Enrique Arzú Irigoyen, nado na Cidade de Guatemala, 14 de marzo de 1946 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 2018, foi un político guatemalteco. Presidente de Guatemala desde o 14 de xaneiro de 1996 ata o 10 de xaneiro do 2000. Tamén foi elixido alcalde de Cidade de Guatemala en catro ocasións: en 1982, pero un golpe de estado impediulle asumir o cargo; 1986, desta vez asumiu e serviu o seu mandato; outra vez en xaneiro do 2004; e foi reelixido unha vez máis en setembro do 2007, cun 55% dos votos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou a súa educación primaria e secundaria no Liceo Guatemala, unha das institucións máis prestixiosas e influentes do país centroamericano. Ocupou o cargo de Alcalde da Cidade de Guatemala durante 8 anos. Foi elixido en eleccións populares e tivo o apoio do Congreso, onde o seu partido obtivo maioría de deputados. Asumiu o a presidencia de Guatemala o 14 de xaneiro de 1996.

Recoñéceselle o haber logrado a paz no país coa URNG, logo de máis de tres décadas de loitas internas. Tal firma realizouse nun solemne acto o 29 de decembro de 1996 ao cal asistieron xefes de Estado e representantes doutros países, así coma tamén o Secretario da ONU. No seu mandato a construción de estradas e infraestruturas, así coma o reforzo e depuración das forzas de seguridade do país, foron unha prioridade. En febreiro de 1996, o seu goberno recibiu a segunda visita do Papa Xoán Paulo II. Aínda todo, a súa xestión viuse empañada por escéndalos de corrupción ao privatizar empresas do Estado, coma Gautel, Fegua ou Indeca.

No 2003 e co seu novo partido Unionista regresou ao Palacio de La Loba e de novo foi alcalde da Cidade de Guatemala. No 2005, Álvaro Enrique Arzú Irigoyen aparece no terceiro posto dos mellores alcaldes do mundo.

No 2007 creou o servizo de Transmetro na Cidade de Guatemala, o cal fora criticdo por moitos ciudadáns, pero non hai dúbida que foi de gran axuda, posto que trátase dun transporte rápido, seguro, moderno e hixiénico. Nese mesmo ano foi reelixido como alcalde da cidade novamente.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ramiro de León Carpio
Presidente de Guatemala
1996 - 2000
Sucesor:
Alfonso Portillo