Tajumulco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Tajumulco
O Tajumulco
Altitude 4.220 m
Latitude 15º 02' 33" N
Lonxitude 91º 54' 17" O
Rexión Guatemala
Montaña Serra Madre de Chiapas
Primeiro ascenso Inmemorial
Tipo de volcán Estratovolcán
O Tajumulco localízase no S.O. de Guatemala

O Tajumulco é un estratovolcán que con 4.220 metros sobre o nivel do mar é a montaña máis alta de Guatemala e aínda de toda América Central, incluíndo as illas caribeñas.

Situación[editar | editar a fonte]

O Tajumulco érguese no departamento de San Marcos, no concello de Tajumulco, no suroeste de Guatemala. Forma parte da cadea da Serra Madre de Chiapas, que se prolonga desde México, país do que dista unhas decenas de quilómetros.

O contorno ambiental do volcán é tropical, e as terras próximas son de grande fertilidade. Bosques de piñeiros arrodean a base.

Características[editar | editar a fonte]

O volcán posúe dúas cimas, das cales a máis elevada atinxe os 4.220 metros. O cráter ten un diámetro aproximado de máis de 50 metros.

Actividade[editar | editar a fonte]

Aínda que se ten falado de erupcións do Tajumulco durante o século XIX, o certo é que non hai rexistros documentares que o verifiquen. Porén en outubro de 1765 rexistráronse tremores e casas dun asentamento foron destruídas, a consecuencia dunha avalancha de rochas

Ascensión[editar | editar a fonte]

É unha montaña doada de escalar. O punto de partida adoita situarse en San Marcos. Desde o seu cume poden contemplarse o Océano Pacífico, máis próximo, e o Océano Atlántico.