Gran Casino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gran Casino
Formato Concurso
Presentado por Elías Rodríguez
Manuel Manquiña
Día(s) de emisión Xoves
Cadea TVG
Día da estrea 7 de xullo de 1988
Nº de temporadas 1

Na rede
http://25anos.crtvg.es/tvg25/anoaano/1988/221

Gran Casino foi un concurso que se emitiu na Televisión de Galicia na tempada 1988-1989.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O concurso desenvolvíase nun casino de ficción e os diferentes concursantes tiñan que responder unha serie de preguntas para gañar premios. O primeiro presentador foi Elías Rodríguez, en 1989 pasouno a presentar Manuel Manquiña.