Comarca de Terra de Lemos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
*'''Capital comarcal''': [[Monforte de Lemos]]
*'''Capital comarcal''': [[Monforte de Lemos]]


*'''Poboación''': 35.068 hab.
*'''Poboación''': 33.839 hab.





Revisión como estaba o 14 de xuño de 2008 ás 20:16

Situación da Terra de Lemos en Galicia.

A Comarca da Terra de Lemos está situada ó sur da provincia de Lugo. A maioría da superficie forma parte da Ribeira Sacra.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas de Ourense (Ourense) e Terra de Caldelas (Ourense).

  • Poboación: 33.839 hab.


Xeografia

A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo. Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. Este val contrasta coas altas montañas situadas no leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que sirven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.

Ríos

Os ríos da comarca pertencen ás cuncas hidrográficas dos dous ríos limítrofes da comarca e á súa vez os máis importantes, ás cuncas do Miño e do Sil. O río máis importante da comarca é o río Cabe, que nace no concello do Incio. Este río que desemboca no Sil era moi importante xa na época romana, cando se abastecían e sacaban ouro deste río. Tamén son importantes os ríos Mao, principal afluente do Cabe, e o río Lor, que fai de fronteira entre as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, afluente do Sil.

  • Miño
  • Sil
  • Cabe, afluente do Sil.
  • Mao, afluente do Cabe.
  • Lor, afluente do Sil.

Montañas

Os principais sistemas montañosos sitúanse no leste (Serra do Courel), entre Bóveda e O Saviñao, no suroeste de Pantón e no sur. Cabe destacar as seguintes montañas, situadas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón:

  • Alto da Veneira (1.164 m.)
  • Alto da Serra (1.137 m.)
  • Chao das Lagas (1.060 m.)
  • Alto da Chá (1.021 m.)

Clima

O clima desta comarca é oceánico con tendencias continentais. O clima ten fortes contrastes. Os invernos son longos, húmidos e con xeadas moderadas. As temperaturas chegan a valores por baixo dos -5º e as néboas están presentes regularmente. Os veráns son calorosos e secos, con noites frescas. No verán chéganse a superar temperaturas máximas de 40º, puntualmente; e algunhas noites quedan preto dos 5º.

Poboación

A poboación era, en 2007, de 33.839 habitantes distribuídos así:

Concello Habitantes
Monforte de Lemos 19.311
Ficheiro:Escudo O Saviñao.jpg O Saviñao 4.681
Pantón 3.073
Sober 2.836
A Pobra do Brollón 2.201
Bóveda 1.737

Comunicacións

A comarca da Terra de Lemos une as estradas e liñas de ferrocarril procedentes da Coruña e Lugo, Ourense e Vigo, e Ponferrada, sendo un gran centro de comunicacións. A estación de ferrocarril de Monforte de Lemos é a máis importante da provincia.

Principais estradas

Está en proxecto a autovía A-76, que discorrerá paralela á N-120 e unirá Ourense con Ponferrada pasando por Monforte e dando acceso ao porto seco, actualmente en construción. Tamén está en proxecto o corredor Nadela-Sarria.

Ferrocarril

Na comarca conflúen dúas liñas de ferrocarril:

Hai varias estacións na comarca: Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Canabal, Areas, San Estevo do Sil e San Pedro do Sil (prestan servizo para pasaxeiros e mercancías), Rubián (só para mercancías) e Bóveda (destruída fai varios anos).