Wangari Maathai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
file renamed
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sr:Vangari Matai
Liña 58: Liña 58:
[[sc:Wangari Maathai]]
[[sc:Wangari Maathai]]
[[sk:Wangari Maathai]]
[[sk:Wangari Maathai]]
[[sr:Vangari Matai]]
[[sv:Wangari Maathai]]
[[sv:Wangari Maathai]]
[[sw:Wangari Maathai]]
[[sw:Wangari Maathai]]

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2010 ás 21:31

Wangari Maathai

Wangari Muta Maathai é unha activista medio-ambiental e política kenyana (1 de abril de 1940, Nyeri, Kenya - ). Recibiu o Premio Nobel da paz no ano 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 12 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo.

Premio Nobel da Paz

"Maathai permaneceu coraxosamente contra o antigo réxime opresivo en Quenia", o Comité do Nobel Noruegués anunciou nunha declaración que ela era a vencedora do Premio Nobel da Paz de 2004. "As súas formas de acción únicas contribuíron para chamar a atención á opresión política - nacional e internacionalmente-. Ela serviu como unha inspiración para moitos na loita polos dereitos democráticos e ten encoraxado especialmente as mulleres a mellorar a súa situación."

Controversia

Maathai causou controversia entre os comentadores dos medios de comunicación, cando nunha conferencia de prensa seguinte ao anuncio do Premio Nobel, ela falou a favor da alegación de que o virus HIV era un produto creado polo ser humano a través de bio-enxeñaría, e entón lanzado na África por científicos occidentais non-identificados como unha arma de destrución masiva para "punir os negros". A alegación foi apoiada só por unha pequena minoría, é unha das varias teorías conspiratorias da SIDA. Desde entón ela fuxiu de ter unha posición definitiva, alegando que "Eu non sei sobre a orixe... E espero que un día o saibamos, porque iso é algo que obviamente todos queremos saber, da onde vén a doenza".

Premios