Félix María Samaniego
Félix María Samaniego | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Félix María Serafín Sánchez de Samania |
Alcume | Cosme Damián, Damián de Cosme e Félix María de Samaniego |
Nacemento | 12 de outubro de 1745 |
Lugar de nacemento | Laguardia, Áraba |
Falecemento | 11 de agosto de 1801 |
Lugar de falecemento | Laguardia |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Valladolid |
Ocupación | poeta e político |
Coñecido por | sen etiquetar, sen etiquetar e Fabulas morales |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Félix María Serafín Sánchez de Samaniego, nado en Laguardia, Áraba, o 12 de outubro de 1745 e finado tamén alí o 11 de agosto de 1801, foi un escritor en lingua castelá, famoso polas súas fábulas.
Obra[editar | editar a fonte]
A influencia da súa educación francesa advírtese na única obra pola o que o coñecemos: as Fábulas morais, 157 fábulas distribuídas en 9 libros. Samaniego ridiculiza os defectos humanos nas súas fábulas, imitando ós grandes fabulistas Fedro, Esopo e La Fontaine. Aínda que as fábulas de Samaniego están escritas en verso, o seu carácter é prosaico, dados os asuntos que trata; a súa finalidade é didáctica. Seguindo o exemplo de Fedro, Samaniego elimina das súas fábulas o ton inxenuo e entrañable do que dotara Esopo ás súas e énchenas de críticas veladas pero implacables contra personaxes relevantes, hábitos sociais e actitudes políticas de dubidosa integridade. Entre as súas principais fábulas temos: La paloma, Congreso de ratones, La cigarra y la hormiga, El perro y el cocodrilo e La zorra y las uvas.
Escribiu así mesmo unha colección de poesía erótica, de ton humorístico e contido procaz, que se publicou co título O xardín de Venus.