Movemento
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
O movemento, no plano mecánico, é un fenómeno físico que se define como todo cambio de posición que experimentan os corpos dun sistema ou conxunto no espazo con respecto a eles mesmos ou conforme a outro corpo que serve de referencia. Todo corpo en movemento describe unha traxectoria.
A parte da física que se encarga do estudo do movemento sen estudar as súas causas é a cinemática. A parte da física que se encarga do estudo das causas do movemento é a dinámica.
Interpretación filosófica do movemento
[editar | editar a fonte]A "inquietude" do ser humano por coñecer as causas do movemento procede da Antigüidade. Así, filósofos gregos coma Tales de Mileto (c. 639-547 a.C.) ou Aristóteles (384-322 a. C.) elaboraron teorías acerca do movemento dos corpos.
Porén, as afirmacións de Aristóteles e outros filósofos gregos sobre o movemento non tiñan fundamento empírico, é dicir, non tiñan o soporte da experimentación, xa que os filósofos gregos estudaban os fenómenos naturais máis dende a razón pura que dende a experimentación.
O movemento segundo Aristóteles
[editar | editar a fonte]As ideas de Aristóteles sobre o movemento eran:
- A materia está formada por catro elementos: terra, auga, ar e lume, cada un dos cales ten o seu lugar natural na natureza. Así, a terra está so ou no centro, a auga máis enriba, o ar por riba e, no máis alto, o lume.
- Os movementos terrestre poden ser violentos, se os corpos son sacados do seu lugar natural, e naturais, cando tentan volver a el.
- Todo movemento natural é vertical; no caso dos corpos lixeiros, coma o ar, é ascendente, mentres que para os corpos pesados, coma a auga, a terra, etc., é descendente.
- Todo corpo que se move o fai movido por outro, é dicir, todo corpo en movemento require unha "causa motora".
- Canto máis pesado é un corpo, máis axiña cae, pois maior é a súa tendencia a atopar o seu lugar natural: a terra.
Interpretación científica do movemento
[editar | editar a fonte]As ideas de Aristóteles sustituíronse polas de Galileo e as de Newton ao longo do século XVII, época na que instaurouse o método científico.
O movemento segundo Galileo
[editar | editar a fonte]Os experimentos de Galileo sobre corpos que rodaban por un plano inclinado permitíronlle describir o movemento dos corpos, mais non analizou as causas que o producen, aspecto que si estudou Newton.
Algunhas das conclusións ás que chegou Galileo son:
- Se dúas esferas ocas de distintos materiais baixan coa mesma aceleración por un plano inclinado, é de esperar que tamén o fagan no caso extremo de inclinación, que sería unha caída vertical. A súa conclusión foi que tódolos corpos, independentemente da súa masa, descenden en caída libre coa mesma aceleración.
- A variación da velocidade dunha bóla que sobe ou baixa por un plano inclinado depende da inclinación deste. Polo tanto, nun plano horizontal devandita variación sería nula, e a bóla levaría un movemento rectilíneo uniforme[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Física y Química. Anaya. 2012. ISBN 978-84-678-0255-9.