Salinas de Ulló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°21′14.85″N 8°37′56.62″O / 42.3541250, -8.6323944

Salinas do Ulló.
Marisma na que se atopan as salinas.

O complexo intermareal e etnográfico de Ulló, tamén coñecido como salina de Ulló ou granxa de Ulló, é un espazo natural localizado no concello pontevedrés de Vilaboa, a carón do lugar de Paredes.

Características[editar | editar a fonte]

O espazo foi historicamente coñecido coma Ulló ou Ullóo. Dito complexo está composto por unha marisma formada pola unión dos regatos Tuimil e Villil, que desembocan ambos os dous na enseada de San Simón, na ría de Vigo.

Os primeiros restos documentados das salinas datan do século XVII. Así, en 1637 construíuse un dique de 1 km de lonxitude que pechaba a marisma e permitía empregar a baixamar para recoller sal.[1] Desde 1694 e até o século XX os xesuítas de Pontevedra serían os encargados de explotaren as salinas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alonso de Dios, Alberto. Galicia Máxica, ed. "Salinas de Ulló". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2016. 
  2. Vilaboa.org (ed.). "Salinas de Ulló". Consultado o 21 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.