Ateneo de Naucratis
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 170 Naukratis, Exipto |
| Morte | século III (>223) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Literatura grega e historia |
| Ocupación | escritor, orador, gramático |
| Período | Imperio Romano |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |

Ateneo, nado en Naucratis, Exipto entre os século II e III, foi un erudito grego de quen pouco se sabe máis a quen se lle debe o coñecemento de numerosos autores clásicos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O banquete dos sabios, ou Deipnosophistae, é unha escolla de noticias e citas de textos duns 750 autores dos que doutra maneira non se sabería nada. Esta obra chegounos reducida a 15 libros a través dun epítome medieval. Ten a forma dun diálogo entre varios eruditos reunidos na casa do rico romano Publio Livio Laurencio. Os temas de que falan inclúen a comida, o luxo, a dieta, a saúde, as relacións sexuais, a pornografía, a música, o humor e a lingüística.