Bioi parallēlloi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vidas paralelas»)
Bioi parallēlloi
Autor/aPlutarco de Queronea
LinguaGrego antigo
Xénero(s)biografía
editar datos en Wikidata ]

Edición das Vidas paralelas de Plutarco de Ulrich Han, 1470

Bioi parallēlloi (en grego "Vidas paralelas" é unha escolma biográfica de Plutarco (s. I) que contén vinte e tres pares de biografías, onde cada par inclúe a oposición dun personaxe grego a outro romano, así como catro vidas desemparelladas. Serían por tanto un total dun cincuenta biografías, corenta e dúas agrupadas por parellas, catro que opoñen dous gregos a dous romanos, e catro que non presentan opoñente.

Propósito[editar | editar a fonte]

O obxectivo de Plutarco consiste en extraer, en cada caso, o carácter moral do personaxe, antes que a narración dos acontecementos políticos da época; de aí o tratamento exhaustivo sobre a educación e natural disposición do personaxe, e o relato de anécdotas, calculado para revelar a natureza do home. «Un lance fútil, unha palabra, algún xogo» que «aclara máis as cousas sobre as disposicións naturais dos homes cás grandes batallas gañadas, onde poden caer dez mil soldados».

Cría na compatibilidade de Roma como reitora e de Grecia como educadora. As Vidas conteñen, ademais de senlleiras anécdotas, moitas pasaxes históricas memorables.

Os personaxes[editar | editar a fonte]

  1. Teseo & Rómulo
  2. Licurgo & Numa Pompilio
  3. Solón & Publícola
  4. Temístocles & Camilo
  5. Pericles & Fabio Máximo
  6. Coriolano & Alcibíades
  7. Emilio Paulo & Timoleón
  8. Pelópidas & Marcelo
  9. Arístides & Catón
  10. Filopemen & Flaminino
  11. Pirro & Cayo Mario
  12. Lisandro & Sila
  13. Cimón & Lúculo
  14. Nicias & Craso
  15. Alexandre & Xulio César
  16. Aguesilao & Pompeio
  17. Sertorio & Eumenes
  18. Foción & Catón o Mozo
  19. Aguis e Cleómenes & Tiberio e Caio Graco
  20. Demóstenes & Cicerón
  21. Demetrio & Antonio
  22. Dión & Bruto
  23. Artaxerxes e Arato & Galba e Otón

Os relatos biográficos perdidos[editar | editar a fonte]

Remitíndonos a fontes indirectas e textos alternativos pódese establecer que se perderon as biografías referentes a Hércules, Escipión o Africano, Epaminondas, Augusto, Claudio, Metelo ou Nerón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]