Saltar ao contido

Mina (unidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mina (unidade)
 Instancia de
 Parte de
 Magnitude física
Cifras e dimensións
 Conversión unidade estándar
100 Greek drachma (en) Traducir
600 Greek obolus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Conversión unidade SI
   0,4578 kg Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05wy3x Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Peso de cinco minas da cidade-estado sumeria de Lagash. Ca. III milenio a. de C. (Museo do Louvre)

A mina (arameo: mĕnē; hebreo: מנה -manäh-; grego: μνᾶ -mna-; en acadio: manû; en latín: mina‬) foi unha unidade de peso propia do Oriente Próximo na Antigüidade, equivalente a 1,25 libras (arredor de 0,57gramos), que posteriormente se utilizou como unidade de moeda.[1][2][3]

No mundo hebreo dividíase en 50 siclos. Na Grecia antiga, a mina equivalía orixinalmente a 70 dracmas e posteriormente aumentou ata os 100 dracmas.[4]

Desde os primeiros momentos da civilización sumeria, xa se utilizaba a mina como unidade de peso, con anterioridade á aparición dos siclos e dos talentos. En tempos de Ur-Nammu, a mina tiña un valor de 1/60 talentos ou 60 siclos.[5][6]

A mina no sistema monetario da Antiga Grecia

[editar | editar a fonte]

As equivalencias da mina coas outras moedas daquela época son as seguintes:[7]

Referencias literarias antigas

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Os seguintes debuxos correspóndnse ás ilustracións de diversos tipos de pesos dunha mina procedentes do dicionario de antigüidades de Daremberg.[12]

  1. ↑ "Mina Arquivado 18 de setembro de 2018 en Wayback Machine.". En Digalego. Dicionario de galego.
  2. ↑ "Money: The Mina". En Hirsch, E. G. et al. Jewish Encyclopedia. 1906
  3. ↑ "Mina". En Girod (1827). Páxina 27.
  4. ↑ Aristóteles. Constitución dos atenienses. 10.2 (Ver texto en inglés)
  5. ↑ "Mina Arquivado 04 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
  6. ↑ "Mina". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
  7. ↑ Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."
  8. ↑ Platón. Apoloxía de Sócrates. 20b: Canto cobra? É Evene, Sócrates, respondeume Callias; é de Paros, e cobra cinco minas. (Ver texto bilingüe grego-francés).
  9. ↑ Platón. As leis. Libro XII-IX. Os gastos da sepultura non se elevarán nunca a máis de cinco minas para os cidadáns da primeira clase, de tres para os da segunda, de dúas para os da terceira e dunha mina para os da cuarta. (Ver texto en francés)
  10. ↑ Teofrasto. Caracteres. XXX. Edición en galego a cargo de Pedreira Sanjurjo, Iria. Rinoceronte Editora, 2017. ISBN 978-84-92866-90-8
  11. ↑ Ateneo de Naucratis. Deipnosophistes. XIII, 45. Machon non paraba de solicitar os favores de Friné, a cortesá de Tespias. Un día ela esixiulle unha mina por se deitar con el. (Ver texto en francés)
  12. ↑ Daremberg, C. Le Dictionaire des Antiquités Grecques et Romaines. Tomo III. París, 1904.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820
  • Girod. Dictionaire epécial et classique des monnaies, poids, messures, divisions du temps, chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827