Biblioteca de Alexandría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interior da antiga Biblioteca de Alexandría.

A Biblioteca de Alexandría, localizada na cidade exipcia de Alexandría, foi no seu tempo a maior biblioteca do mundo. Fundada polos Tolomeos no século III ane, chegou a ter unha colección (estimada) de 700.000 obras manuscritas.

Desde o século XIX procurouse comprender a organización e estrutura da biblioteca e debateuse abundantemente sobre o seu final. Apenas chegaron ate a actualidade testemuños de como era, como se traballaba nela, cantos volumes gardaba e mesmo cal era a súa situación.

A historiografía dos séculos XX e XXI insiste en que se formou unha grande utopía retrospectiva en relación coa Biblioteca de Alexandría. Sábese con certeza que a Biblioteca existiu, mais moitas das informacións acerca dela son contraditorias, dubidosas ou mesmo falsas, realizadas baseándose en suposicións a partir de poucos datos e aproximados.

Unha nova biblioteca foi inaugurada no 2003 próxima ao sitio da antiga.

Historia[editar | editar a fonte]

Considerase que foi fundada no inicio do século III a.C., durante o reinado de Tolomeo II do Exipto, despois de que o seu pai construíse o Templo das Musas (Museum). Atribúese a Demetrio de Falero a súa organización inicial.

Estimase que a biblioteca almacenara máis de 400.000 rolos de papiro, podendo ter chegado ao millón. Foi destruída parcialmente varias veces, até que no 646 foi destruída nun incendio accidental (acreditouse durante toda a Idade Media que tal incendio fora causado polos árabes no tempo de Umar I). Así no -47, cando durante a guerra civil entre Xulio César e os seguidores de Cneo Pompeio Magno César foi asediado en Alexandría, un incendio que destruíu a frota exipcia estendeuse a algúns depósitos de libros e arderon uns 40.000. Máis tarde, segundo a lenda, a Biblioteca foi destruída noutras tres ocasións: no 272 por orde do emperador romano Aureliano; no 391, cando o emperador Teodosio I a derrubou xunto con outros edificios pagáns.

foto
Fragmento da Septuaginta, traducida do hebreo ao grego koiné, entre o terceiro e o primeiro século a.C. en Alexandría.

Cóntase que un dos incendios foi provocado por Xulio César, quen tras apartar do poder a Tolomeo XII, a favor da súa irmá Cleopatra, e temendo que algún dos titores deste puidese fuxir da cidade ordenou pór lume aos barcos ancorados no porto, resultando que o incendio pasou a terra e consumiu parte da biblioteca.

A institución da antiga biblioteca de Alexandría tiña como o principal obxectivo preservar e divulgar a cultura nacional. Contiña libros que foran levados de Atenas. Existían tamén matemáticos ligados á biblioteca, como por exemplo Euclides de Alexandría. Por outro lado tornouse nun grande centro de comercio e fabricación de papiros.

A lista dos grandes pensadores que pasaron pola biblioteca e o museo de Alexandría inclúe nomes de grandes xenios do pasado. Importantes obras sobre xeometría, trigonometría e astronomía, ben como sobre linguas, literatura e medicina, atribúenselle a eruditos de Alexandría. Segundo a tradición, foi alí onde 72 eruditos xudeus traduciron as Escrituras Hebraicas ao grego, producindo así a famosa Septuaginta.

Os grandes nomes da Alexandría antiga[editar | editar a fonte]

  • Euclides: matemático, IV século a.C. O pai da xeometría e o pioneiro no estudo da óptica. A súa obra ‘’Os Elementos’’ foi usada como padrón da xeometría ate o século XIX.
  • Aristarco de Samos: astrónomo, III a.C. O primeiro en presumir que os planetas xiran en torno do Sol. Usou a trigonometría na tentativa de calcular a distancia do Sol e da Lúa, e o tamaño deles.
  • Arquimedes: matemático e inventor, terceiro século a.C. Realizou diversas descubertas e fixo os primeiros esforzos científicos para determinar o valor do pi (π).
  • Calímaco (c. -305-c. -240): poeta e bibliotecario grego, compilou o primeiro catálogo da Biblioteca de Alexandría, un marco na historia do control bibliográfico, que posibilitou a creación da relación oficial (canon) da literatura grega clásica. O seu catálogo ocupaba 120 rolos de papiro.
  • Eratóstenes: polímata (coñecedor de moitas ciencias) e un dos primeiros bibliotecarios de Alexandría, terceiro século a.C. Calculou a circunferencia da Terra con bastante aproximación.
  • Galeno: médico, II d.C. Os seus 15 libros sobre a ciencia da medicina tornaranse fundamentais por máis de 12 séculos.
  • Herófilo: médico, considerado o fundador do método científico, o primeiro en suxerir que a intelixencia e as emocións son algo propio do cerebro e non do corazón.
  • Hipatia: astrónoma, matemática e filósofa, III d.C. Unha das maiores matemáticas, directora da Biblioteca de Alexandría; por ser pagá, foi asasinada, sufrindo linchamento.
  • Tolomeo: astrónomo, II d.C. Os seus escritos xeográficos e astronómicos serán un modelo a seguir.

A nova biblioteca[editar | editar a fonte]

A actual biblioteca pretende ser un dos centros de coñecemento máis importantes do mundo. A estrutura, que ten o nome oficial de Bibliotheca Alexandrina, integra, alén da principal, catro bibliotecas especializadas, laboratorios, un planetario, un museo de ciencias, un de caligrafía e unha sala de congreso e de exposicións.

A Biblioteca Tahan Hussein está especializada en cegos, a dos Xoves é dedicada a persoas entre os 12 e os 18 anos, a dos rapaces é para quen teña entre seis e doce anos, e a multimedia está dotada con toda clase de material visual e sonoro. Hai tamén unha sala de microfilmes, unha de manuscritos e outra de libros pouco comúns.

Interior da nova biblioteca de Alexandría.

Inicialmente, a idea era dotar a biblioteca de oito millóns de libros, mais como foi imposible conseguir esa cantidade ficou pela metade. Así, déuselle prioridade á creación dunha biblioteca cibernética. No total poden traballar na Biblioteca de Alexandría cerca de 3500 investigadores en 200 salas de estudo. A sala de lectura ten 20.000 e está iluminada de forma uniforme por luz solar directa.

O proxecto da biblioteca é da autoría dunha firma de arquitectos noruegueses, a Snohetta. A construción demorou sete anos, mais a idea naceu no 1974. Os principais financiadores da institución foron a UNESCO e o goberno exipcio, sendo o custo total da obra duns 200 millóns de euros.