Editorial Gredos é unha editorialespañola de carácter privado pertencente desde 2006 ao Grupo RBA[1] e con sede en Madrid, dedicándose á publicación de libros especialmente relacionados coa lexicografía, a filoloxía hispánica e o mundo grecolatino.
Foi fundada en 1944[1] por Hipólito Escolar, Julio Calonge, Severiano Carmona e Valentín García Yebra coa proposición de remediar a falta de libros españois científicos e de estudo. A todos eles uniuse posteriormente José Oliveira Bugallo, achegando o necesario coñecemento do mercado editorial.
Gredos comezara a súa andaina editorial da man dos Clásicos Anotados e Bilingües, os cales descubrirían un mercado novo: o dos textos escolares latinos e gregos.