Demócares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDemócares
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte275 a. C. Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , orador Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiKleobule (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Demócares de Leucónoe foi un orador e político ateniense, de entre os séculos -IV e -III Era sobriño de Demóstenes, fillo dunha irmá deste e de Laques[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Atribuíuselle unha historia dos feitos ocorridos na Atenas do seu tempo, nun estilo oratorio, non histórico, que non se conservou[2].

Consérvase un texto no que Demócares solicitou unha estatua de bronce na Ágora de Demóstenes, o seu tío, así como manutención e un posto de preferencia para el e para o maior dos seus fillos, por ser gran benfeitor dos atenienses[3].

Un relato mencionado por Séneca explicaba que a Demócares lle chamaban «parrheriastes», por mor da liberdade excesiva da súa linguaxe, ás veces imprudente, como nunha ocasión na que, tendo sido enviado xunto a outros atenienses en misión diplomática á corte de Filipo IV de Macedonia, o rei preguntou aos atenienses que podería facer que fose lles grato a eles, e Demócares contestou: «Aforcarte». Filipo, con todo, non se alterou e dixo aos presentes que o deixasen marchar san e salvo[4]. Tamén sufriu un desterro por mor dunhas palabras ofensivas que dirixiu contra Estratocles[5].

No ano -306 apoiou unha proposta que no seu momento realizara Sófocles segundo a cal debía prohibirse o ensino da filosofía antidemocrática[6]. Á súa vez, Laques, fillo de Demócares, solicitou unha estatua para o seu pai, que se di que foi levada ao Pritaneo[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pseudo Plutarco, Vidas dos dez oradores 847d
  2. Cicerón, Bruto 83.
  3. Pseudo Plutarco, Vidas dos dez oradores 850f-851c.
  4. Séneca, Da ira 23, 2-3.
  5. Plutarco, Vida de Demetrio 24.
  6. Albin Lesky, Historia de la literatura griega p. 642. Madrid: Gredos 1976, ISBN 84-249-3132-7.
  7. Pseudo Plutarco, Vidas dos dez oradores 847e