Pseudo Plutarco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Pseudo Plutarco é a denominación que se dá ao autor de varias obras literarias da Antiga Grecia, entre as que se atopan as seguintes:

  • Vidas dos Dez Oradores.
  • As doutrinas dos filósofos.
  • Sobre a educación dos fillos.
  • Sobre a música.
  • Sobre os ríos.
  • Sobre a vida e poesía de Homero.

Estas obras nalgún momento foron atribuídas a Plutarco de Queronea. Con todo, a maioría dos investigadores rexeitaron, por razóns de estilo, que as mencionadas obras poidan atribuírse a Plutarco e non se atopou un autor de nome coñecido ao que poder adscribilas.

Sobre a vida e poesía de Homero e Sobre a educación dos fillos considérase que pertencen ao século II.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pseudo Plutarco, Sobre la vida y poesía de Homero, introducción de Enrique Ángel Ramos Jurado. Madrid: Gredos, 1989, ISBN 84-249-1405-8.