Ernst Curtius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ernst Curtius
Ernst Curtius - Imagines philologorum.jpg
Nacemento2 de setembro de 1814
Lugar de nacementoLübeck
Falecemento11 de xullo de 1896
Lugar de falecementoBerlín
SoterradoAlter St.-Matthäus-Kirchhof Berlin
NacionalidadeAlemaña
Alma máterRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn e Universidade de Gotinga
Ocupaciónantropólogo, historiador da arte, arqueólogo, historiador, profesor universitario, arqueólogo clásico e político
PaiCarl Georg Curtius
FillosFriedrich Curtius
IrmánsGeorg Curtius e Theodor Curtius
Coñecido porOlimpia
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes e Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte
editar datos en Wikidata ]

Ernst Curtius, nado en Lübeck o 2 de setembro de 1814 e finado en Berlín o 11 de xullo de 1896, foi un historiador e arqueólogo alemán.[1][2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor na Universidade de Berlín e director do Museo de Antiguidades, tamén en Berlín.

É coñecido polas escavacións que dirixiu en Olimpia (Grecia) dende 1874, onde descubriu o Templo de Zeus e o Templo de Hera[1] e esculturas como o Hermes co neno Dioniso de Praxíteles. Entre os científicos que o acompañaron atopábanse os arquitectos e tamén arqueólogos Friedrich Adler e Wilhelm Dörpfeld.

Escribiu a obra de divulgación Geschichte Griechenlands (en galego, Historia de Grecia), entre 1857 e 1867. Foi o avó do filólogo e romanista Ernst Robert Curtius.[2][4]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Con Emanuel Geibel: Klassische Studien. Bonn 1840.
  • Inscriptiones atticae duodecim. Berlin 1843.
  • Anecdota Delphica. Berlin 1843.
  • Akropolis von Athen. Ein Vortrag. Berlin 1844.
  • Naxos. Berlin 1846.
  • Peloponnes. Gotha 1/1851 – 2/1852.
  • Olympia. Berlin 1852.
  • Ionier. Berlin 1855.
  • Griechische Geschichte. Berlin 1/1857 – 3/1861.
    • Teil 1: Von den Uranfängen bis zum Tode des Perikles. Gekürzte Ausgabe: Deutsche Buchgemeinschaft, Berlin [1936], Bernina, Wien, Leipzig, Olten 1936; Gekürzte Ausgabe, Phaidon-Verlag, Essen 1997, ISBN 3-88851-229-8.
    • Teil 2: Blüte und Verfall Griechenlands. Gekürzte Ausgabe: Bernina, Wien, Leipzig, Olten 1936, Deutsche Buchgemeinschaft, Berlin 1936.
  • Sieben Karten zur Topographie von Athen nebst erläuterndem Text. Gotha 1868.
  • Beiträge zur Geschichte und Topographie Kleinasiens. Berlin 1872.
  • Über den religiösen Charakter der griechischen Münzen. Berlin 1872.
  • Ephesus. Berlin 1874.
  • Altertum und Gegenwart. Berlin 1/1875 – 2/1882.
  • Con Johann August Kaupert: Atlas von Athen. Berlin 1878.
  • Con Friedrich Adler: Ausgrabungen zu Olympia. Berlin 1/1877 – 3/1878.
  • Curtius, Friedrich (Hrsg.): Ein Lebensbild in Briefen. Ernst Curtius. Berlin 1903.
  • Curtius, Friedrich (Hrsg.): Ernst Curtius. Ein Lebensbild in Briefen. Neue Ausgabe von Friedrich Curtius. Erster Band mit zwei Bildnissen. Zweiter Band mit zwei Bildnissen. 2 Bde., Berlin 1913.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ceram (1973), p. 88.
  2. 2,0 2,1 Damico (2014), p. 365.
  3. Warner (2008), p. 4241.
  4. 4,0 4,1 Grummond (2015), p. 341.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ceram, C. W. (1973). El mundo de la arqueología (en castelán). Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0819-7. 
  • Damico, Helen (2014). Medieval Scholarship: Biographical Studies on the Formation of a Discipline: Literature and Philology (en inglés). Abingdon: Routledge. ISBN 978-1-317-73202-0. 
  • Grummond, Nancy Thomson de (2015). Encyclopedia of the History of Classical Archaeology (en inglés). Abingdon: Routledge. ISBN 978-1-134-26854-2. 
  • Warner, Charles Dudley (2008). A Library of the World's Best Literature - Ancient and Modern (en inglés). Vol. X (Colman-Dalin). Nova York: Cosimo, Inc. ISBN 978-1-60520-166-5.