Castelo de Brandufe
(Redirección desde «Castelo da Ruña»)
Coordenadas: 42°55′12.60″N 9°3′17.80″O / 42.9201667, -9.0549444
Castelo de Brandufe | |
---|---|
Concello | Mazaricos |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | románico (séculos VI-XII) |
Estado actual | ruínas |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande ou castelo da Ruña, é un castelo galego que se atopa en situación ruinosa no lugar de Monteagudo parroquia de Colúns do concello coruñes de Mazaricos.
Características[editar | editar a fonte]
Trátase dun castelo altomedieval situado nos montes da Ruña, no Alto das Barreiras a 643 m de altitude. O castelo non se sitúa no promontorio máis alto (Castelo Pequeno - 646 m) para poder manter unha liña de visión directa co Monte Pindo. O castelo conta cunha muralla defensiva e un foxo escavado en rocha viva.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Manuel Gago (1/12/2013). "Repúblicas de homes libres: o castelo de Brandufe e os "ollos do mar"". Capítulo Cero. Consultado o 9/8/2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Castelo de Brandufe na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- "O noso patrimonio - Castelos de Galiza/Galicia".
- "Que pasa na Costa - O Castelo de Brandufe, un novo tesouro agochado do altomedieval costeiro". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2015. Consultado o 05 de outubro de 2015.
- "Capítulo Cero - Repúblicas de homes libres: o castelo de Brandufe e os "ollos do mar"".