Saltar ao contido

David Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Soto

(2023) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalDavid Soto Sánchez
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1993
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2015   Celta de Vigo Fortuna 85(0)
2011–2011   Celta de Vigo 1(0)
2015–   Unión Deportiva Almería B


David Soto Sánchez, nado en Ourense o 16 de outubro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de defensa. Dende 2023 milita no Compostela, da Segunda División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Pabellón da súa cidade natal e con 11 anos entrou na canteira do Celta de Vigo.[1] Pasou polas distintas categorías inferiores e na última xornada da tempada 2009/10 debutou co Celta de Vigo B na Segunda División B, nun partido ante a Cultural Leonesa no que entrou nos minutos finais como substituto de Kevin Vázquez.[2] Na seguinte campaña debutou co primeiro equipo na Segunda División, no partido disputado o 5 de xuño de 2011 contra o FC Cartagena, correspondente á última xornada de liga.

Foi o seu único partido co primeiro equipo, pois pasou os seguintes catro anos no filial celeste, co que viviu un descenso a Terceira e un ascenso de novo a Segunda B. En 2015 fichou polo Almería B, co que disputou só 12 partidos.[3] Co descenso do equipo andaluz á Terceira División marchou para o Boiro,[4] e tras ser descendido este club administrativamente,[5] fichou polo Cerceda, co que sumaría un terceiro descenso consecutivo.[6] En 2018 incorporouse ao Lorca, en Terceira División,[7] e na tempada seguinte fichou polo Compostela,[8] equipo co que logrou ao final da tempada o ascenso á Segunda B.[9]

Despois dunha segunda tempada en Santiago, en 2021 asinou co Pontevedra. Titular en case todos os encontros do ano, proclamouse campión da Segunda División RFEF, logrando así ascender á Primeira RFEF. Na seguinte campaña foi o segundo xogador do equipo con máis minutos, só por detrás de Miguel Román, pero non puido evitar o equipo do club de novo á Segunda RFEF.

En xuño de 2023 deixou Pontevedra e regresou ao Compostela.[10]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Pontevedra
  1. "David Soto, objetivo del Ourense CF". La Región (en castelán). 1 de setembro de 2018. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  2. "2ªB 5 Cultural Leonesa--CELTA B 2" (en castelán). 9 de maio de 2010. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  3. "El Almería B ficha al central David Soto, procedente del Celta de Vigo" (en castelán). 5 de agosto de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  4. Sevilla, Álvaro (13 de xullo de 2016). "El Boiro cierra el fichaje del central David Soto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  5. "La Federación da por descendido al Boiro" (en castelán). 6 de xullo de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  6. Rodríguez, Melissa (22 de abril de 2018). "El Cerceda, pese a estar ya descendido, no va a regalar ni un punto al Coruxo" (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  7. "El ex céltico David Soto ficha por el Lorca" (en castelán). 9 de xuño de 2018. Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  8. "David Soto, un central completo para el camino a Segunda B" (en castelán). 14 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2020. Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  9. Calvo, Naso (26 de xullo de 2020). "El Compostela ya está en Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  10. "O Compos reforza a súa defensa co regreso de David Soto". 29 de xuño de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2024.