Daniel Pedrosa Loureiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dani Pedrosa
Información persoal
Nome Daniel Pedrosa Loureiro
Nacemento 4 de setembro de 1996
Lugar de nacemento Ribadeo
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Bergantiños
Carreira xuvenil
Ribadeo
2009–2015 Lugo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2017 Lugo 1 (0)
2016–2017 Somozas 38 (1)
2017–2018 Cerceda 33 (6)
2018–2019 Valladolid Promesas 34 (1)
2019–2020 UD Ourense 15 (2)
2020–2022 Racing Vilalbés 54 (19)
2022– Bergantiños 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de xuño de 2022.
Selección: actualizado a 10 de xuño de 2022.editar datos en Wikidata ]

Daniel Pedrosa Loureiro, coñecido como Dani Pedrosa nado en Ribadeo (A Mariña) o 4 de setembro de 1996, é un futbolista galego que actualmente xoga de dianteiro no Bergantiños, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Ribadeo, formouse nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo. Debutou co primeiro equipo o 16 de outubro de 2013, tras saír en substitución do seu tamén compañeiro do xuvenil Keko Vilariño na derrota do club galego por 1-0 ante o Recreativo de Huelva nun encontro de Copa do Rei no Nuevo Colombino. Algo máis dun ano despois debutou na Segunda División, saíndo ao Anxo Carro o 31 de maio de 2015 como titular ante o Albacete, nun encontro que remataría con empate 1-1.

O 27 de xaneiro de 2016 foi cedido até final de temporada ao Somozas da Segunda División B.[1] Disputou 11 partidos co club de Ferrolterra, e a súa cesión foi ampliada á tempada 2016/17, na que xogou 27 encontros, descendendo ao remate da competición. Para a seguinte campaña saíu outra vez cedido, desta volta ao Cerceda, tamén de Segunda B, onde marcou 6 goles en 33 partidos e viviu un novo descenso.[2]

En 2018 desvencellouse do Lugo e asinou contrato co Valladolid B, filial do Real Valladolid. No equipo castelán xogou 34 encontros, marcando un gol ante o Fabril. Na seguinte tempada xogou coa UD Ourense na Terceira División, ata que en 2020 fichou polo Racing Vilalbés, da mesma categoría. Militou dúas tempadas no equipo da Terra Chá, sendo na segunda delas o máximo goleador do grupo galego da Terceira División RFEF, empatado a 14 goles con David Rojo e Davo.[3]

En xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Bergantiños, equipo da Segunda División RFEF.[4]

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Tempada PX Goles
Lugo Segunda 2014–2015 1 0
Lugo Segunda 2015–2016 0 0
Somozas Segunda B 2016 11 1
Somozas Segunda B 2016−2017 27 0
Cerceda Segunda B 2017−2018 33 6
Valladolid B Segunda B 2018−2019 34 1
UD Ourense Terceira 2019−2020 15 2
Racing Vilalbés Terceira 2020−2021 23 5
Racing Vilalbés Terceira RFEF 2021−2022 31 14
Bergantiños Segunda RFEF 2022−2023 0 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Keko e Dani Pedrosa, cedidos ao Somozas". El Progreso. 27 de xaneiro de 2016. 
  2. De Dios, Marta (15 de xuño de 2018). "Pedrosa: «Me gustaría seguir en Segunda B»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  3. "El Recreativo de Huelva y su relación de amor-odio con el gol" (en castelán). 05 de maio de 2022. Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  4. "En marcha el nuevo Bergantiños". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xuño de 2022. Consultado o 10 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]