Pablo Agulló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Agulló
Información persoal
Nome Pablo Agulló Temprano
Nacemento 25 de xuño de 1990
Lugar de nacemento A Coruña
Posición Defensa, centrocampista
Carreira xuvenil
Calasanz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2011 Orillamar SD
2011–2013 Atlético Arteixo 25 (7)
2013–2014 Betanzos 33 (6)
2014–2018 Cerceda 104 (16)
2018– Bergantiños 44 (3)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Pablo Agulló Temprano, nado na Coruña o 25 de xuño de 1990, é un futbolista galego, que xoga de defensa e centrocampista no Bergantiños, na Terceira División.

É fillo de Jaime Agulló Quintela e neto de Jaime Agulló Blasco, ambos ex futbolistas do Deportivo da Coruña.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou nos xuvenís do Calasanz antes de pasar ao Orillamar SD, co que xogou en Primeira e Segunda Autonómica, e ao Atlético Arteixo.[2] Tras dúas tempadas co Arteixo en Primeira Autonómica deu o salto á Terceira División, fichando polo Betanzos para a tempada 2013/14, despois dunha proba infrutuosa co Fabril.[3]

Foi un fixo na defensa do club betanceiro e ao ano seguinte fichou polo Cerceda, tamén de Terceira. Estivo catro anos en Cerceda, e na tempada 2016/17 ascendeu á Segunda División B. O seu paso pola división de bronce durou só un ano, descendendo de novo á Terceira ao remate da campaña.

Fichou entón polo Bergantiños, de Terceira División.[2] Na segunda xornada de liga sufriu unha lesión no xeonllo que o levou ao quirófano e a perder case toda a tempada.[4] Na tempada 2019/20 disputou a histórica eliminatoria de Copa do Rei contra o Sevilla no Estadio de Riazor.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Palleiro, Armando; Díaz, Miguel; Suárez, Luis (2 de outubro de 2018). "La familia Agulló, tres generaciones en blanquiazul". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Pablo Agulló , 5º refuerzo del Bergantiños" (en castelán). 27 de xuño de 2018. Consultado o 31 de marzo de 2021. 
  3. "Pablo Agulló, jugador del Betanzos". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 2013. p. 44. 
  4. Rodríguez, Melissa (12 de setembro de 2018). "Una lesión en la segunda jornada llevó a Pablo Agulló al quirófano". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2021. 
  5. "El Sevilla aguanta el chaparrón y pasa con un gol de Koundé ante el Bergantiños". Marca (en castelán). 18 de decembro de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]