Brenda Putnam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrenda Putnam

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1890 Editar o valor em Wikidata
Minneapolis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte18 de outubro de 1975 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Concord, Nova Hampshire, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir
School of the Museum of Fine Arts, Boston (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultora , artista Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosElfriede Abbe, Laura Gilpin (pt) Traducir, Lilian Swann Saarinen (en) Traducir, Marion Sanford (pt) Traducir e Katherine Ward Lane Weems (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1932Xogos Olímpicos de 1932 Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiHerbert Putnam (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Brenda Putnam, nada en Minneapolis, Minnesota, o 3 de xuño de 1890, e finada en Concord, Nova Hampshire, o 18 de outubro de 1975, foi unha escultora, medallista e deseñadora de moeda estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes e formación[editar | editar a fonte]

Brenda Putnam era filla de Charlotte Elizabeth Munroe e do bibliotecario do Congreso dos Estados Unidos, Herbert Putnam, e neta do editor George Palmer Putnam.[1]

Asistiu á National Cathedral School de Washington, onde adquiriu as súas primeiras aprendizaxes sobre a escultura.[2] Igualmente, formouse como pianista clásica e realizou algunhas xiras coa violinista Edith Rubel e a violoncellista Marie Roemaet, formando parte do Edith Rubel Trio.[3][4]

Estudou na Escola do Museo de Belas Artes de Boston entre 1905 e 1907, con Mary E. Moore, William McGregor Paxton e Bela Pratt; e despois, durante tres anos, na Liga de Estudantes de Arte de Nova York, con James Earle Fraser. Tamén se formou na Escola de Arte do Museo Corcoran, de Washington.[5]

Primeiros traballos[editar | editar a fonte]

Nos inicios da súa carreira, Putnam destacou polos seus bustos de cativos e polas súas figuras de xardín e de fonte.[5] En 1915 expuxo na Academia Nacional de Deseño unha obra abertamente sensual, Charmides [Dialogue], consistente nunha muller e un home espidos durmindo xuntos, que foi descrita como "ao estilo de Rodin".[6] Para conmemorar a tumba da súa amiga íntima, a pianista Anne Simon, creou unha obra profunda: o Simon Memorial (1917), un anxo masculino espido que se ergue extasiado das nubes.[7]

O cemiterio de Rock Creek, en Washington, é un lugar de gran beleza onde se ergueron numerosos monumentos conmemorativos. Nos últimos anos converteuse noutro lugar de peregrinación: o monumento á señora de Otto Torney Simon. O triunfo do seu paso da "vida á vida" [...] está simbolizado no Simon Memorial, obra de Brenda Putnam. Ata hai pouco, nunca oíra falar desta figura alada interpretada por alguén que coñece todo o significado da estatua. Este anxo coas mans abertas e a mirada cara á arriba simboliza a liberación das nosas facultades e habelencias, a liberdade da alma liberada polo bondadoso don da morte.[8]
Brenda Putnam coa súa obra Bust of Jean.[9]

Modelou unha serie de bustos de músicos, entre eles o do director da Metropolitan Opera, Artur Bodanzky,[10] o do pianista ruso Ossip Gabrilowitsch,[11] o do pianista británico Harold Bauer,[12] e o da clavecinista polaca Wanda Landowska. O seu busto do violoncellista catalán Pau Casals foi moi eloxiado:[13]

Cando toca, sempre pecha os ollos, inclina un pouco a cabeza cara a un lado e parece perderse na maxia da súa música. É esta postura característica, cos ollos pechos, a que Brenda Putnam captou á perfección. Este busto-retrato, do que se pode dicir sinceramente que está magnificamente realizado, áchase no Museo da Sociedade Hispánica, de Nova York, e unha réplica está en España.

O seu Sea Horse Sundial (1922)[14] —un querubín alado que cabalga alegremente sobre un cabalo de mar, en tanto que o pau do xoguete proxecta a súa sombra sobre o reloxo de sol— foi moi eloxiado e recibiu premios da Academia Nacional de Deseño, da Academia de Belas Artes de Pensilvania e doutras institucións. Tamén acadou éxito co seu retrato en baixorrelevo de tamaño natural de William Dean Howells (1926), para a Academia das Artes e das Ciencias.

Cara a 1920, a escultora Anna Hyatt e Putnam alugaron un apartamento e un estudio no número 49 oeste da rúa 12, en Manhattan.[15] Hyatt casou co millonario Archer Milton Huntington en 1923 —o casamento celebrouse no estudio— e o matrimonio converteuse en gran mecenas das artea. En 1931 fundaron Brookgreen Gardens, un vasto xardín de esculturas en Murrells Inlet, Carolina do Sur.[16]

Unha estética máis moderna[editar | editar a fonte]

Putnam sentiuse insatisfeita coa escultura académica convencional. O seu desexo de perseguir "unha estética máis moderna" levouna a Italia en 1927, onde estudou con Libero Andreotti, e máis tarde a Nova York, con Alexander Archipenko.[5]

Réplica en aluminio da escultura na biblioteca Folger Shakespeare, de Washington (ao nordés do Capitolio dos EEUU), obra de Brenda Putnam (1932).

Colaborou co arquitecto Paul Philippe Cret na fonte estilo Art déco do personaxe Puck (1930-1932), para o xardín oeste da biblioteca Folger Shakespeare de Washington.[17] Debaixo da súa figura de Puck está inscrito o famoso verso do elfo de Soño dunha noite de San Xoán: "Que parvos son estes mortais". A escultura de mármore, danada pola chuvia ácida e o vandalismo, foi retirada en 2001, restaurada e colocada no interior da biblioteca, e utilizouse para fundir unha réplica de aluminio que se colocou sobre a fonte en 2002.[18]

Putnam expuxo tres obras con motivo dos Xogos Olímpicos de verán de 1932 nos Ánxeles, California.[19][20] Tamén realizou murais en baixorrelevo para dúas oficinas de correos dos Estados Unidos no marco da Works Progress Administration.[21] A súa figura para fonte titulada Crest of the Wave (1939), un espido masculino de gran tamaño nadando sobre unha onda estilizada, debutou na Feira Mundial de Nova York de 1939.

Putnam lesionouse gravemente nun brazo por mor dun accidente laboral durante a II guerra mundial,[16] polo que a partir de entón deixou de crear obras de gran tamaño e centrouse en bustos e pezas máis pequenas.[22]

En 1942, participou na 26ª emisión de medallas da Sociedade de Medallistas. Recibiu a encarga de crear a Medalla de Oro do Congreso ao Almirante Ernest Joseph King (1945-1946), concedida por unha lei especial do Congreso, o 22 de marzo de 1946, polo distinguido liderado do Almirante King das Forzas Navais de EE.UU. na segunda guerra mundial.[23] Creou tamén tres bustos retrato en baixorrelevo (1949-1950) para a Cámara de Representantes do Capitolio dos Estados Unidos. A súa derradeira última escultura foi o busto de Susan B. Anthony (1952) para o Salón da Fama dos Grandes Estadounidenses.[17][24]

Putnam fixera a transición estilística desde o académico á Art déco, pero non era partidaria do Modernismo de posguerra. En 1952, o Metropolitan Museum of Art anunciou a súa intención de ampliar os seus fondos de escultura contemporánea e, en representación da conservadora National Sculpture Society, á que ela pertencía, Putnam avogou vehementemente por que o museo adquirise obras realistas.[25]

Profesora e autora[editar | editar a fonte]

Putnam dedicouse durante 30 anos ao ensino en diversas institucións e a título privado,[5] experiencia que plasmou no seu libro The Sculptor's Way: A Guide to Modeling and Sculpture, publicado por primeira vez en 1939,[26] que segue a ser considerado un clásico na materia e que se reimprimiu en 2003.[27] Tamén foi autora de Animal X-Rays: A Skeleton Key to Comparative Anatomy, publicado en 1947.[28]

Entre as súas alumnas cómpre salientar a Elfriede Abbe,[29] Laura Gilpin,[30] Ethel Painter Hood [31] ou Beatrice Gilman Proske.[16]

Morte e legado[editar | editar a fonte]

Putnam nunca casou e mantivo unha longa amizade con varios dos seus alumnos. Retirouse a Wilton, Connecticut, a principios da década de 1950. En 1971 trasladouse a Concord, Nova Hampshire, onde morreu o 18 de outubro de 1975, aos 85 anos.[5][32]

Hai obras súas nas coleccións do Metropolitan Museum of Art, na National Gallery of Art, no American Art Museum do Instituto Smithsoniano e noutros moitos museos. En Brookgreen Gardens consérvanse tamén varias das súas obras.[33]

Os documentos de Brenda Putnam consérvanse na Universidade de Syracuse e o Instituto Smithsoniano conta cunha colección de fotografías das súas obras.[34]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Putnam expuxo na Exposición Internacional de Arte e Historia de Roma de 1911.[35] A partir dese mesmo ano foi habitual a súa participación nas exposicións da Academia Nacional de Deseño, onde o seu Sea Horse Sundial gañou o Premio Barnett en 1922, e Mid-Summer acadou a Medalla de Ouro Waltrous en 1935.[5] Tamén expuxo na National Sculpture Society en 1916,[36] 1923,[37] 1929 [38] e 1940.[39] Water-Lily Baby recibiu unha mención honorífica na exposición anual do Instituto de Arte de Chicago de 1917.[40] Expuxo regularmente na Academia de Belas Artes de Pensilvania entre 1910 e 1944, e gañou a Medalla de Ouro Widener de 1923 por Sea Horse Sundial.[41] En 1923 gañou tamén o premio de escultura da Asociación Nacional de Mulleres Pintoras e Escultoras.[13] Fountain for a Formal Garden obtivo en 1924 o Premio Avery da Liga Arquitectónica de Nova York.[42]

Putnam foi elixida membro asociado da Academia Nacional dos EEUU en 1934 e académica en 1936.[5] Así mesmo, foi elixida membro da Asociación Nacional de Mulleres Pintoras e Escultoras, entidade para a que deseñou unha medalla Art déco de sete lados en 1941, cando cambiaron o seu nome polo de Asociación Nacional de Mulleres Artistas. En 1919 foi elixida membro da Sociedade Nacional de Escultura, da que foi secretaria entre 1933 e 1936.[13]

Escolma de obras[editar | editar a fonte]

A medalla Charles P. Daly (1924).

Medallas e moedas[editar | editar a fonte]

Moeda de prata de medio dólar conmemorativa do centenario de Cleveland (1936).

Esculturas[editar | editar a fonte]

Two Kids Sundial (1931), Brookgreen Gardens, Carolina do Sur.
  • Two Kids Sundial (1931, bronce), Brookgreen Gardens, Carolina do Sur.[59]
  • Mid-Summer (1935-1946), Museo de Arte de Norton, West Palm Beach, Florida.[60]
  • Sorting the Mail (1936-1937, baixorrelevo en xeso), edificio de Correos, Caldwell, Nova Jersey.[61]
  • Mississippi Divides the Southwest from the Northeast (1936-1939, baixorrelevo mural en xeso), edificio de Correos, St. Cloud, Minnesota.[62]
  • W. Albert Manda Memorial (1939), Meadowland Park, South Orange, Nova Jersey.
  • Communion (1939, bronce), Brookgreen Gardens, Carolina do Sur.[63][64]
  • Crest of the Wave (1939), New York World's Fair, Queens, Nova York.[65]

Monumentos funerarios[editar | editar a fonte]

Monumento a Porter, no cemiterio de Allegheny, Pittsburgh, cun anxo de bronce de Brenda Putnam.

Bustos e estatuíñas[editar | editar a fonte]

  • Estatua: Sir Johnston Forbes-Robertson as Hamlet (1915, xeso; 1932, bronce), Biblioteca Folger Shakespeare, Washington.[70]
  • Busto: Herbert Putnam (1922), Biblioteca do Congreso, Washington.[71]
  • Busto: Pablo Casals (1923, bronce), Sociedade Hispánica dos Estados Unidos, Nova York. Hai unha copia en Villa Casals, El Vendrell, Cataluña.[72]
Busto de Harriet Beecher Stowe (1925), no Paseo dos Grandes Americanos, no Bronx, Nova York.
  • Busto: Harriet Beecher Stowe (1925, bronce), Paseo da Fama dos Grandes Americanos, Bronx, Nova York.[73]
  • Busto: Wanda Landowska (1928).
  • Busto: Amelia Earhart (1932, mármore), Universidade de Syracuse, Nova York.[74]
  • Busto: Ossip Gabrilowitsch (1933, mármore), Instituto de Artes de Detroit, Míchigan.[75]
  • Busto: John Mapother (1936, xeso), Museo de Arte Speed, Louisville, Kentucky.[76]
  • Busto: Mary Baker Eddy (1937).
  • Busto: Artur Bodanzky (ca. 1940), Sociedade Hispánica dos Estados Unidos, Nova York.
  • Busto: Harold Bauer (1949).
  • Great Law-Givers: Maimonides - Solon - Tribonian (1949-1950, tres retratos de busto en baixorrelevo de mármore), Cámara de Representantes dos Estados Unidos, Capitolio, Washington.[77]
  • Busto: William Adams Delano (1950, bronce), Academia Nacional de Deseño, Nova York.[78]
  • Busto: Susan B. Anthony (1952, bronce), Paseo da Fama dos Grandes Americanos, Bronx, Nova York. Esta foi a derradeira escultura rematada de Putnam.[17][24][79]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "[Shirley Putnam and Brenda Putnam, ages 11 and 8, on shore at Annisquam, Mass.]". Library of Congress, Washington, D.C.
  2. "Brenda's Book". En Time. 26 de xuño de 1939.
  3. Musical Courier and Review of Recorded Music. 1917. Páxinas 41, 48, 53.
  4. "The prelude (ca. 1917)". Library of the Congress.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 "Brenda Putnam Arquivado 29 de maio de 2023 en Wayback Machine.". National Academy of Design.
  6. "The Naked and the Nude". En American Art News. Vol. 14. Nº 12. 12 de decembro. Páxina 2.
  7. "Inspiring Sculptured Tribute to the Late Mrs. Anne Simon". En Musical America. Music Publications, Limited. Vol. 28. Nº 15. 10 de agosto de 1918. Páxina 33.
  8. "Putnam, Brenda, N.A., Sculptor". En Encyclopedia of American Biography. Volume 11. American Historical Society, 1940. Páxinas 548-550.
  9. "Jean, possibly Jean Potter [sculpture]". Photograph Study Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  10. "Artur Bodanzky". Image Delivery Services. Smithsonian Institution.
  11. "Ossip Gabrilowitsch". Image Delivery Services. Smithsonian Institution.
  12. "Harold Bauer". Image Delivery Services. Smithsonian Institution.
  13. 13,0 13,1 13,2 "Putnam, Brenda, N.A., Sculptor". En Encyclopedia of American Biography. Volume 11. American Historical Society, 1940. Páxinas 548-550.
  14. 14,0 14,1 "Sea Horse Sundial [sculpture]". Photography Studio Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  15. Eden, M. G. (1987). Energy and Individuality in the Art of Anna Huntington, Sculptor and Amy Beach, Composer. Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-1916-0
  16. 16,0 16,1 16,2 Proske, B. G. (1995). The Early Years of the Hispanic Society of America. The J. Paul Getty Trust. Páxinas 34, 52 (Proske foi unha das alumnas de Brenda Putnam).
  17. 17,0 17,1 17,2 Rubinstein, C. S. (1990). American Women Sculptors: A History of Women Working in Three Dimensions. G.K. Hall. Páxinas 248-249. ISBN 978-0816187324
  18. Miller, N. M. (2002). "The Folger's Happy Mending". En The Washington Post. 10 de xaneiro de 2002.
  19. "Brenda Putnam". SR Olympic Sports (Sports-reference.com).
  20. "Brenda Putnam". Olympedia.
  21. "Artist: Brenda Putnam". Smithsonian American Art Museum.
  22. Fielding, M.; Opitz, G. B. eds. (1986). Mantle Fielding's Dictionary of American Painters, Sculptors and Engravers. Apollo Press, Poughkeepsie. 1986. ISBN 978-0938290025
  23. Congressional Gold Medals, 1776-2009. DIANE Publishing. Páxina 9. ISBN 978-1-4379-2906-5
  24. 24,0 24,1 "Susan B. Anthony". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  25. Filreis, A. (2012). Counter-revolution of the Word. University of North Carolina Press. Páxinas 225-26. ISBN 978-1-4696-0663-7
  26. Putnam, B. (1939). The Sculptor's Way: A Guide to Modelling and Sculpture. Farrar & Rinehart. Nova York.
  27. Putnam, B. (2003). The Sculptor's Way: A Guide to Modelling and Sculpture. Dover Publications, Mineola. ISBN 0-486-42313-1
  28. Putnam, B. (1947). Animal X-Rays: A Skeleton Key to Comparative Anatomy. G.P. Putnam's Sons
  29. "Obituary: Elfriede Abbe". En The Bennington Banner. Vermont. 19 de xaneiro de 2013.
  30. Sandweiss, M. (1986). Laura Gilpin, An Enduring Grace. Amon Carter Museum, Ft Worth. Páxinas 13, 30. ISBN 978-0883600771
  31. "Ethel Painter Hood (1906-1982)". George Stern Fine Arts.
  32. "Brenda Putnam, 85, Sculptor, is dead". En The New York Times. 2 de novembro de 1975.
  33. "Creator Record: Putnam, Brenda". Brookgreen Gardens.
  34. "Putnam, Brenda, 1890-1975, artist". Photograph Study Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  35. "Putman, Brenda". En Leonard, J. W. Woman's Who's Who of America: A Biographical Dictionary of Contemporary Women of the United States and Canada, 1914-1915. American Commonwealth Co. Páxina 666.
  36. National Sculpture Society / Buffalo Fine Arts Academy (1916). Catalogue of an exhibition of contemporary American sculpture held under the auspices of the National Sculpture Society; June 17-October 2, 1916. Cornell University Library.
  37. Exhibition of American Sculpture Catalogue, 156th Street of Broadway New York, The National Sculpture Society, 1923. Páxina 201.
  38. Society National Sculpture (1929). Contemporary American Sculpture: The California Palace of the Legion of Honor, Lincoln Park, San Francisco, April to October, MCMXXIX. Kalkhoff Company.
  39. Whitney Museum of American Art (1940). Exhibition of sculpture under the auspices of the National Sculpture Society: open to the public April 3 to May 2, 1940 ... at the Whitney Museum of American Art. Whitney Museum of American Art.
  40. Thirtieth Annual Exhibition of American Paintings and Sculpture. Art Institute of Chicago, 1917.
  41. Falk, P. H. ed .(1989). The Annual Exhibition Record of the Pennsylvania Academy of the Fine Arts, Volume 2. Sound View Press. Páxina 379. ISBN 978-0932087058
  42. "Architectural Exhibition; Brenda Putnam Wins Avery Prize as Annual Show Opens". En The New York Times. 3 de febreiro de 1924.
  43. "Charles P. Daly Medal". The American Geographical Society (Americangeo.org).
  44. "Brenda Putnam". Medallicartcollector.com
  45. "Amelia Earhart Medal". Medalartists.com
  46. "Flight". Medallicartcollector.com
  47. "Flight". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  48. "Flight". Smithsonian American Art Museum.
  49. "Admiral Ernest Joseph King Congressional Gold Medal". Wordpress.com
  50. "Cleveland Great Lakes Exposition Half Dollar". United States Mint.
  51. "1936 Cleveland Centennial Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com
  52. "½ Dollar Cleveland Centennial / Great Lakes Exposition". Numista.com
  53. "Charmides". Image Delivery Services. Smithsonian Institution.
  54. "The Pigeon Girl, Brenda Putnam". Newfields (Youtube.com).
  55. "Young Faun". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  56. "William Dean Howells". Image Delivery Services. Smithsonian Institution.
  57. "Harriet, Isabella, and Katherine Beecher, (sculpture)". Photography Studio Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  58. "Figure of Puck over Fountain and Pool". Photography Studio Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  59. "Sundial". Photography Studio Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  60. "Mid-Summer". Photography Studio Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  61. "Post Office - Caldwell NJ". The Living New Deal.
  62. "The Southwest and the Northeast Divided by the Mississippi". Photography Studio Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  63. "Communion". Photography Studio Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  64. "Communion". Image Delivery Services. Smithsonian Institution.
  65. "Crest of the Wave Arquivado 29 de maio de 2023 en Wayback Machine.". Gettyimages.com
  66. "Simon Memorial". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  67. "Porter Monument". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  68. "Carefree Days". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  69. "Fortitude, Kindliness, Vision". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  70. "Sir Johnston Forbes-Robertson- as Hamlet ". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  71. "Herbert Putnam". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  72. "Pablo Casals". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  73. "Harriet Beecher Stowe". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  74. "Portrait of Amelia Earhart". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  75. "Ossip Gabrilowitsch (sic)". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  76. "John Mapother". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  77. "Maimonides" - "Solon" - "Tribonian". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  78. "William Adams Delano". Art Inventories Catalog. American Art Museum. Smithsonian Institution.
  79. "Susan B. Anthony". Image Delivery Services. Smithsonian Institution.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]