Millonario
Millonario, -a é un termo que, de forma xenérica, se aplica a calquera persoa ou entidade que teña un millón de calquera cousa ou característica.[1]
Millonario, -a é tamén unha persoa que ten unha fortuna ou patrimonio neto de máis de 1 000 000 de euros, dólares, libras ou outra unidade monetaria de valor comparable.[1]
O termo referido a seres humanos apareceu por primeira vez no século XVIII en Francia para describir persoas cunha riqueza extremadamente elevada.[2][3]
Uso e distincións
[editar | editar a fonte]A condición de millonario adoita referirse ao valor total dos activos menos as débedas, polo que non depende unicamente dos ingresos anuais.
Dado que na actualidade existen moitas persoas cun patrimonio superior ao millón de euros ou dólares (especialmente en países desenvolvidos), o termo "millonario" pode considerarse relativo. Por este motivo, ás veces emprégase o termo milmillonario para referirse a quen posúe mil millóns (1.000.000.000) de euros ou dólares. En inglés, estas persoas denomínanse billionaires, pero hai que ter en conta a diferenza entre a escala curta (habitual en inglés estadounidense, onde billion significa mil millóns) e a escala longa (tradicional en Europa continental, onde billón significaba un millón de millóns).[4][5]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Segundo o World Wealth Report de 2005, ao final do ano 2004 había aproximadamente 8,3 millóns de persoas en todo o mundo consideradas "millonarias" nun sentido máis literal ou High Net Worth Individuals (HNWI), é dicir, persoas cun patrimonio investible superior a un millón de dólares (sen contar a súa residencia habitual).[6][7][8]
As revistas Forbes e Fortune publican periodicamente listas das persoas máis ricas do mundo segundo o seu patrimonio estimado.[9] A lista de Forbes do ano 2006 indicaba que había 793 persoas con máis de mil millóns de dólares.
Segundo Fortune, en 2025 chegouse por primeira vez á cifra de 15 persoas cenmilmillonarias no mundo (a dispór de máis de cen mil millóns de dólares).[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "millonario". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-05-23.
- ↑ "Millionaire. : languagehat.com". languagehat.com. Consultado o 2025-05-23.
- ↑ "Millionaire - Etymology, Origin & Meaning". etymonline (en inglés). Consultado o 2025-05-23.
- ↑ "billón". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-05-23.
- ↑ No DRAG, e noutros dicionarios galegos como o de Galaxia de 1961, aparece o termo millonario tanto na súa acepción xenérica como na referida a persoa con moitos cartos, pero non aparecen "milmillonario" nin "billonario".
- ↑ "Report: Number of U.S. millionaires jump - Jun. 9, 2005". money.cnn.com. Consultado o 2025-05-23.
- ↑ Capgemini & Merrill Lynch. World Wealth Report 2005.
- ↑ "World Wealth Report 2024". Capgemini (en inglés). Consultado o 2025-05-23.
- ↑ "Forbes Real Time Billionaires List - The World's Richest People". Forbes (en inglés). Consultado o 2025-05-23.
- ↑ Witzig,Bloomberg, Diana Li,Jack. "The ultra-exclusive $100 billion club has swelled to an unprecedented 15 members". Fortune (en inglés). Consultado o 2025-05-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lista anual de millonarios de Forbes (en inglés)
- World Wealth Report (Capgemini) (en inglés)
Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |